Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de rectificación de erro material nas NSV/1994.

O Pleno da Corporación adoptou, na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2018, o acordo que na parte dispositiva di o seguinte:

«Primeiro. Rectificar o erro material detectado nas NSV/1994, considerando a actividade “estación de servizo e abastecemento de combustible” como unha actividade compatible co uso comercial propio da ordenanza URLI.

Segundo. A rectificación deste erro tramitarase conforme o disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, no que respecta ao réxime competencial e trámite de exposición pública: acordo inicial adoptado polo Pleno da Corporación, información pública polo prazo de dous meses, aprobación provisional polo Pleno da Corporación e aprobación definitiva pola Administración autonómica.

Terceiro. Abrir un período de información pública durante un prazo de dous meses, mediante a inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante este período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes».

O período de información pública comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vimianzo, 19 de febreiro de 2018

Manuel Antelo Pazos
Alcalde