Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14831

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 17 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno do Concello de Vilanova de Arousa, en sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2018, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 17 das normas subsidiarias de planeamento municipal. Esta aprobación implica por si soa a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de obra no ámbito afectado.

De conformidade co disposto nos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e 144.6 e 2017 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG), sométese o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do Concello, sita na casa do concello, 2ª planta (praza do Concello, núm. 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vilanova de Arousa, 31 de xaneiro de 2018

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde