Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de contratación da concesión do servizo de explotación das instalacións deportivas de piscina, cuberta e descuberta.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Arzúa (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información: na páxina web do concello.

1º. Domicilio: r/ Santiago, nº 2.

2º. Localidade e código postal: Arzúa 15810.

3º. Teléfono: 981 50 00 00.

4º. Telefax: 981 50 09 14.

5º. Correo electrónico: irene.couselo@concellodearzua.com

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellodearzua.com

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes de que remate o prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: a xestión indirecta, mediante a modalidade de concesión, da piscina municipal cuberta climatizada e a piscina municipal exterior descuberta; a risco e ventura do concesionario.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dez anos, prorrogable por dúas anualidades mais.

e) CPA-2008, aprobada polo Regulamento (CE) nº 451/2008, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2008: (93.11.1) Servizos de xestión de instalacións deportivas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

A. Criterios dependentes dun xuízo de valor: ata 49 puntos.

A.1. Proxecto de xestión: de 0 a 29 puntos.

A.2. Plan de melloras: de 0 a 20 puntos.

B. Criterios cuantificables de forma automática: ata 51 puntos.

B.1. Redución da subvención á explotación: de 0 a 40 puntos.

B.2. Incremento do número de actividades dirixidas gratuítas incluídas no abono da piscina cuberta: de 0 a 7 puntos.

B.3. Incremento do número de días de cesión ao concello: de 0 a 4 puntos.

4. Réxime económico do contrato:

a) Valor estimado da concesión: 4.324.226,52 euros.

b) Prezo da concesión: 2.888.474 euros.

c) Subvención que debe satisfacer o concesionario o Concello de Arzúa: 98.600 euros anuais, sen que proceda que sexa revisada por virtude do Real decreto 55/2017 polo que se desenvolve a Lei 2/2015, de desindexación de economía española.

5. Tarifas: os usuarios deberán satisfacer as tarifas que figuran no prego de cláusulas administrativas e no prego de prescricións técnicas.

6. Reversión: cuando remate a concesión, reverterán ao concello as instalacións, maquinaria e en xeral todos os elementos comprendidos na concesión, sen indemnización ningunha.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe do contrato (importe do contrato: 2.888.474 euros).

8. Requisitos específicos do contratista: poderán presentar proposicións as persoas naturais e xurídicas, españolas ou extranxeiras, que teñan plena capacidad de obrar, non estean incursas en prohibición para contratar e acrediten a súa solvencia económica e financeira, e técnica ou profesional de acordo coa cláusula 14ª nº 2 do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días hábiles desde o día siguinte ao da publicación do anuncio de licitación no último dos boletíns onde apareza (DOGA o BOP).

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do concello de Arzúa; a través dos sobres A), B) e C) previstos na cláusula 14ª nº 2, do prego de cláusulas administrativas particulares, podendose utilizar o sistema de envío por correo, nos termos que figuran na cláusula 14ª nº 1 do prego citado.

10. Apertura de ofertas:

a) Apertura sobre A): no Salón de Sesións, ás 12.00 horas do quinto día posterior ao último sinalado para presentar proposicións.

b) Apertura sobre B): a continuación; salvo que se outorgase un prazo de tres días para emenda de erros, en cuxo caso a apertura terá lugar nun prazo non superior a sete días, contados desde a apertura da documentación administrativa.

c) Apertura sobre C): despois de coñecer a puntuación asignada aos criterios dependientes dun xuízo de valor.

d) Enderezo: r/ Santiago, 2, Arzúa (A Coruña).

e) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios de licitación e adxudicación, ata un importe máximo de 2.000 euros, que deberá aboar antes da formalización do contrato.

12. Outros gastos: de conformidade co previsto na cláusula 23ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Arzúa, 2 de marzo de 2018

José Luis García López
Alcalde