Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación de contratación de asistencia técnica e colaboración en materia de xestión, recadación, voluntaria e executiva, e inspección de tributos e demais ingresos de dereito público, a xestión integral de multas de tráfico e a xestión catastral do IBI e do IAE.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Tesouraría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Concello do Carballiño. Departamento de Tesouraría.

2º. Enderezo: praza Maior, 1.

3º. Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

4º. Teléfono: 988 53 00 07.

5º. Enderezo da internet: www.carballino.gal (perfil do contratante).

6º. Data límite de obtención de documentación e información: dous días antes ao derradeiro día de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 1951/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: o obxecto do contrato é a realización dos traballos de asistencia técnica e colaboración en materia de xestión, recadación, voluntaria e executiva, e inspección de tributos e demais ingresos de dereito público, a xestión integral de multas de tráfico e a xestión catastral do IBI e do IAE.

c) Lugar de execución/entrega: O Carballiño.

d) Prazo de execución/entrega: un ano.

e) Admisión de prórroga: un ano, sen que a súa duración total poida exceder dous anos, incluída a prórroga.

f) CPV 75000000-6, Servizos de Administración pública, e CNAE 84.11, Actividades xerais da Administración pública.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta criterios avaliables (oferta económica), idoneidade do proxecto de traballo, sofware, superficie, localización e proximidade ao concello do local proposto e calquera outra mellora que poida supoñer unha maior eficacia do servizo, todos eles desenvolvidos nos pregos.

4. Valor estimado do contrato: 511.000,00 € (IVE excluído), incluída a prórroga.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo L), servizos administrativos; subgrupo 2, servizos de xestión de cobramentos; categoría D.

De non dispor da citada clasificación poderase optar ao procedemento acreditando a solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional, na forma determinada na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación (BOP de Ourense e DOG).

b) Documentación que hai que presentar: a relacionada no prego.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello do Carballiño, das 8.30 ás 14.00 horas, de luns a venres.

2º. Enderezo: praza Maior, 1.

3º. Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

8. Apertura das ofertas:

a) Descrición:

1º. Apertura do sobre 1, Documentación administrativa: como máximo, tres días antes da apertura do sobre 2.

2º. Apertura do sobre 2, Criterios non cuantificables automaticamente:

– Enderezo: salón de plenos, primeiro andar, da Casa do Concello do Carballiño, praza Maior, 1.

– Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

– Data e hora: ás 12.00 horas do primeiro xoves, unha vez transcorridos cinco días hábiles desde a finalización do prazo para presentar ofertas, ou data posterior, que se publicará no perfil do contratante do Concello do Carballiño.

3º. Apertura do sobre 3, Criterios avaliables de forma automática mediante fórmulas: publicarase no perfil do contratante do Concello do Carballiño.

9. Gastos de publicidade: os derivados da publicación do anuncio de licitación serán por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 15 de febreiro de 2018

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde