Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 5 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de inserción de publicidade para as campañas informativas e de promoción da doazón de sangue. Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Axencia.

c) Número de expediente: AB-ADOS-18-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de inserción de publicidade para as campañas informativas e de promoción da doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: os indicados no seu momento pola dirección da Axencia.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 22 de decembro de 2018.

e) Duración del contrato: desde a sinatura do contrato ata o 22 de decembro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación. Total contratación: 150.000,00 €, IVE non incluído.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) Domicilio: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Teléfono: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo se prorrogará hasta o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (sala de xuntas).

b) Enderezo: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade y código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao diario oficial das comunidades autónomas: 5.3.2018.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil del contratante: www.sergas.es; plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.es.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos