Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 631/2016),

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 631/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Bendaña Couse contra Acof Asociados, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 11/2018

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidade, concretamente por diferenzas salariais e por horas extraordinarias) baixo o número 631/2016, en que é parte demandante Rubén Bendaña Couse, asistido pola letrada Sra. Viana Azurmendi, e son partes codemandadas a mercantil Acof Asociados, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes

Fallo:

Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente (por desestimación da condena á empresa demandada ao pagamento das custas causadas nesta instancia) a demanda presentada por Rubén Bendaña Couse, asistido pola letrada Sra. Viana Azurmendi, fronte á empresa Acof Asociados, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada ao pagamento a favor do traballador demandante da contía de 2.669,61 euros en concepto de principal debido por diferenzas salariais (concretamente, por parte de dúas nóminas, do mes de maio de 2015 e do mes de xuño de 2015 + por un total de 93 horas extraordinarias realizadas e non aboadas + por non poñer á disposición do traballador do uniforme de traballo de camareiro ex artigo 30 do convenio colectivo de aplicación) máis a cantidade que se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro percibido sobre o principal debido por mora no pagamento do salario, ex artigo 29.3 do ET en relación co artigo 26 do ET.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que alcance ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se deberá presentar ante este órgano de xustiza no prazo legalmente previsto de cinco días hábiles contado desde o día seguinte ao de notificación da presente sentenza, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto, de acordo co disposto nos artigos 191.2.g), seguintes e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, manda e asina.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acof Asociados, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza