Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (tres lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 62 29/981 54 62 24 e información de índole administrativa: 981 95 78 22/981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratación.vicepresidencia@xunta.gal

rafael.juanatey.mayan@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=285839.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2018-SEXU 27-28-29/LU.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: tres.

– Lote 1: arquivo común dos edificios xudiciais de Vigo.

– Lote 2: arquivo xudicial territorial de Ourense.

– Lote 3: arquivo xudicial territorial da Coruña.

d) Lugar de execución: os indicados no número 2 do prego de prescricións técnicas para cada un dos lotes.

e) Prazo de execución: o indicado na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 92512000-3. Servizos de arquivos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 81.510,00 € (os tres lotes, sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 74.100,00 €. Lote 1: 24.700,00 €, lote 2: 24.700,00 € e lote 3: 24.700,00 €.

Importe total: 89.661,00 €. Lote 1: 29.887,00 €, lote 2: 29.887,00 € e lote 3: 29.887,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído), segundo o indicado na epírafe I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar ás 12.00 horas o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en día inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, o día e a hora do segundo acto público, «Lectura e avaliación do sobre B» e da apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza