Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Agripina Fornos Lugo.

Antecedentes.

Por Resolución do 8 de marzo de 2017 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Agripina Fornos Lugo (ABI/2016/0001).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. nº 84, do 8 de abril de 2017), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 67, do 5 de abril de 2017), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Maside, O Carballiño, Beariz e Avión por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 2 de maio de 2011 no municipio de Maside, e que aínda que tiña outorgado testamento o 24 de xaneiro de 1996 a favor da súa irmá Dosinda Fornos Lugo, este resultou ineficaz por premoriencia da instituída no 14 de febreiro de 2008. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no concello do Carballiño, co que queda xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información recadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que ao menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Agripina Fornos Lugo, con DNI 34498425N, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Inmobles urbanos:

– Piso no segundo andar alto á esquerda subindo as escaleiras xerais, denominado B, do edificio denominado Mayte, situado na rúa Evaristo Vaamonde, antes sen número, hoxe nº 32, da vila do Carballiño (Ourense). Superficie útil 87 m2. Estrema: norte ou traseira entrando, ascensor, descanso, caixa das escaleiras e vivenda letra A; sur ou fronte, José Rodríguez González e outros; dereita ou oeste, ascensor e rúa Evaristo Vaamonde; e esquerda ou leste, voo da terraza do primeiro andar. Perténcelle como anexo un rocho no faiado, sinalado coa indicación propia do piso. Cota de participación: catro coma setenta centésimas. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 6383616NG7968S0006DE.

Valor catastral: 18.319,05 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade do Carballiño, tomo 460, libro 121, folla 158, predio nº 11502.

– Piso no ático, único do edificio sinalado antes co nº 7 da estrada de Ourense a Pontevedra, hoxe avenida de Pontevedra, nº 41, da vila do Carballiño (Ourense). Mide uns 60 m2. Estrema segundo se entra: leste ou dereita entrando, entrada e rochos ou faiado; oeste ou esquerda; voo da parcela nº 2 e terraza; sur, caseta do ascensor e voo da terraza da vivenda do piso primeiro C; norte, Emilio González e voo da terraza da vivenda do piso primeiro B. Cota de participación: catro centésimas. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 5887605NG7958N0034LP.

Valor catastral: 15.153,26 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade do Carballiño, tomo 400, libro 82, folla 169, predio nº 11984 bis.

– Soar duns 142 m2 de superficie, sobre o cal se asenta unha edificación de andar baixo e ocupa uns 75 m2 de planta, situado na aldea de Acevedo, nº 12, do municipio de Avión (Ourense), Estrema: norte, camiño; sur, máis de Agripina Fornos Lugo parcela catastral nº 176; leste, parcela catastral nº 175 a nome de herdeiros de Sara Lugo Cota; e oeste, parcela catastral nº 177 a nome de Carmen Sisita Pérez Montes e outros. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 001701200NH50B0001FJ.

Valor catastral: 13.878,42 euros.

Inscrición rexistral: non consta.

– Soar duns 140 m2 de superficie, sobre o que se asenta unha edificación duns 56 m2 de planta, situado na aldea de Acevedo, nº 9, do municipio de Avión (Ourense), Estrema: norte, camiño; sur, parcela catastral nº 157 a nome de Dolores Morgade Candedo e outros, parcela catastral 171 a nome de Rosa Quireza Lugo e outros; leste, inmoble nº 10 a nome de herdeiros de Aurelio Morgade Candedo; e oeste, inmoble nº 8 a nome de Rosa Quireza Lugo. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 001700900NH50B0001FJ.

Valor catastral: 835,73 euros.

Inscrición rexistral: non consta.

b) Inmobles rústicos:

Municipio de Avión (Ourense), identificados pola súa referencia catastral:

– 32005A040000100000FM

– 32005A040000120000FK

– 32005A042000240000FF

– 32005A042000890000FM

– 32005A043000100000FX

– 32005A043000110000FI

– 32005A043000310000FL

– 32005A043000370000FR

– 32005A043000460000FS

– 32005A043000590000FP

– 32005A043000630000FL

– 32005A043000740000FX

– 32005A043000840000FH

– 32005A043000930000FQ

– 32005A043001020000FR

– 32005A043001070000FE

– 32005A043001250000FL

– 32005A043001550000FQ

– 32005A043001640000FO

– 32005A043001760000FZ

– 32005A043001850000FY

– 32005A043002140000FB

– 32005A043002260000FO

– 32005A043002460000FB

– 32005A043002500000FY

– 32005A043002600000FM

– 32005A043002730000FZ

– 32005A043003360000FU

– 32005A043004830000FM

– 32005A043005200000FD

– 32005A043005320000FW

– 32005A043005460000FO

– 32005A043005500000FK

– 32005A043005520000FD

– 32005A043005570000FS

– 32005A043006660000FQ

– 32005A043006860000FS

– 32005A043007090000FX

– 32005A043007460000FJ

– 32005A045000120000FQ

– 32005A045000290000FS

– 32005A045000420000FY

– 32005A045000880000FD

– 32005A045001090000FT

Municipio de Beariz (Ourense), identificados pola súa referencia catastral:

– 32012A023000320000UW

– 32012A023000690000UQ

– 32012A023000750000UT

– 32012A023001110000UO

– 32012A023001170000UJ

– 32012A023008810000UK

– 32012A024002080000UT

– 32012A024003200000UJ

– 32012A024003990000UP

– 32012A024004010000UL

– 32012A024004090000UX

– 32012A024004720000UO

– 32012A024007110000UW

– 32012A028007570000UM

– 32012A031006780000UH

c) Contratos e outros efectos bancarios:

– BBVA, conta de aforro: 0182 0635 59 0201507663.

– BBVA, imposición a prazo fixo: 0182 0635 55 0411538534.

– BBVA, depósito de valores: 0182 0635 54 0015478137.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na ligación: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Maside, O Carballiño, Beariz e Avión.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio
da Conselleira de Facenda