Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de febreiro de 2018 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública dun inmoble situado no concello da Coruña e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Por ordes desta Consellería de Facenda do 16 de novembro, do 26 de xullo e do 13 de xuño de 2017 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados nos concellos de Culleredo, A Coruña e Ferrol.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 14 de decembro de 2017, número 236, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día) o Anuncio do 24 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados bens e dereitos, celebrouse o 7 de febreiro de 2018 a poxa pública anunciada, co que á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

1. A Paula Blanco Canosa en terceira poxa, polo prezo de setenta e cinco mil cento catorce euros con sesenta e cinco céntimos o predio urbano, piso 2º da casa sinalada co nº 9 pola travesía de San Xosé, formando esquina con Quella García da cidade da Coruña. É un local destinado a vivenda, que ocupa a totalidade da planta segunda alta do edificio, excluído o que corresponde a elementos comúns. Distribúese en varias dependencias adecuadas ao seu destino. Ocupa unha superficie de 70 m2. Linda, tomando como referencia a fachada do edificio cara á travesía de San Xosé, con espazo que voa sobre a dita travesía, dereita, entrando, parede de peche do edificio que o separa do patio da casa nº 40 da rúa Atocha Alta, de Manuel Baleato Costa e casa de Baltar Amaro; esquerda, entrando, con espazo que voa sobre Quella García; e costas, en parte, coa casa nº 7 de Quella García, propiedade de José Pérez Paz e, en parte, con espazo que voa sobre o patio de luces existente na planta baixa do edificio, que forma parte do local nº 4 da dita planta baixa, sobre o cal ten dereito de luces e vistas. Interiormente esta vivenda, cara á súa parte de diante, linda ademais co oco e relanzo das escaleiras desta planta. Correspóndelle unha participación nos elementos comúns, con relación á valoración total do inmoble, de 18,5 centésimas. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña como predio 20.286-N, libro 517, folio 204, inscrición 1. Referencia catastral 9028702NJ4082N0006EE.

Segundo. Acordar declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Predio urbano número 41, piso 8º, porta nº 5 ou E, da casa sen número sita no lugar de Acea de Ama e punto coñecido como O Cruceiro, parroquia de Santiago do Burgo, hoxe en día avenida de Galicia do concello de Culleredo, destinado a vivenda, composta de vestíbulo, corredor, catro habitacións, cociña e cuarto de baño, con inclusión do dereito conxunto de propiedade sobre os outros elementos do edificio necesarios para o seu axeitado uso e desfrute. Mide a superficie útil de 62,30 m2 e linda: fronte, escaleiras, piso 8º, porta nº 4 e patio de luces e vistas; dereita entrando: patio de luces e vistas, piso 8º, porta nº 1; esquerda, piso 8º, porta nº 4 e voo da estrada da Xira á Coruña; e costas, confluencia das estradas da Xira á Coruña e da Coruña a Madrid. Representa un enteiro sesenta e cinco centésimas por cento do valor total do inmoble, elementos comúns e gastos. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 3 da Coruña como predio 12.367, libro 307 de Culleredo, folio 40, inscrición sexta. Referencia catastral 1563802NH5916S0045TD.

Tipo de licitación primeira poxa: 92.448 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 78.580,80 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 64.713,60 euros.

2. Predio urbano. Letra B (fondo esquerda) da planta 11 do bloque 3 denominado edificio 13, sito no polígono de Caranza, na avenida de Castelao sen número, na cidade de Ferrol. Ocupa unha superficie útil de 72,50 m2 e está distribuída en vestíbulo, cociña, estar-comedor, tendal, terraza, baño, aseo e 3 dormitorios. Linda fronte, vivenda A da mesma planta e relanzo de escaleiras; dereita, relanzo de escaleiras e despois ascensores; fondo, zona verde e despois parcela VI-N; esquerda, espazo libre. Libre de cargas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 47.615, tomo 1.531, libro 580, folio 140. Inscrición terceira. Referencia catastral 4446303NJ6144N0046PO.

Tipo de licitación, primeira poxa: 43.619,79 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 37.076,82 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 30.533,85 euros.

Terceiro. O pagamento do prezo do inmoble adxudicado efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda