Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13527

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO (109/2016).

María del Carmen Félix Bermúdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, fago saber que nos autos de familia, garda, custodia, alimentación fillo menor non matrimonial núm. 109/2016 consta a sentenza, cuxo encabezamento e parte dispotiva literalmente din:

«Sentenza nº 79 de 2017.

O Barco de Valdeorras, 20 de outubro de 2017.

Fernando Barcia González, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número 1 do Barco de Valdeorras, logo de ver os autos que se seguen neste xulgado co número que figura na marxe, por instancia do procurador dos tribunais José Luis Fernández Martínez, no nome e representación de Maritza Mercedes Rodríguez Peña, contra Juan Carlos Moreno Ortúñez, declarado en situación procesual de rebeldía e con intervención do Ministerio fiscal sobre garda e custodia non matrimonial.

Decisión.

Estímase a demanda presentada polo procurador José Luis Fernández Martínez, en nome e representación de Maritza Mercedes Rodríguez Peña, contra Juan Carlos Moreno Ortúñez, e acórdanse as seguintes medidas:

1º. Patria potestade: atribúese á nai Maritza Mercedes Rodríguez Peña, e acórdase a súa suspensión respecto do pai Juan Carlos Moreno Ortúñez. A nai ten autorización para os efectos de tramitar a expedición do pasaporte e permisos de viaxe con entrada e saída de España da menor, así como tamén aqueloutras autorizacions para proceder á súa escolarización ou asistencia médica.

2º. A garda e custodia do/s fillo/s común/s, atribúeselle a Maritza Mercedes Rodríguez Peña.

3º. Réxime de visitas a favor do pai: decrétase a súa suspensión.

4º. Establécese a obriga do pai de satisfacer unha pensión de alimentos a favor da filla no importe mensual de 60 euros.

5º. No se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz».

E para que conste e sirva de notificación ao demandado Juan Carlos Moreno Ortúñez, expido e asino o presente edicto.

O Barco de Valdeorras, 15 de febreiro de 2018

A letrada de la Administración de xustiza