Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13525

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4688/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4688/2017

Xulgado de orixe/autos: impugnación de actos da Administración 959/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4688/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jacaranda de la Fuente Evangelista contra Servizo Público de Emprego Estatal e Eurometal Galicia, S.L., sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que debemos declarar e declaramos non admisible a trámite, por razón da contía litixiosa, o recurso de suplicación interposto polo procurador dos tribunais Luis Painceira Cortizo, na representación que ten acreditada de María Jacaranda de la Fuente Evangelista, coa asistencia da letrada Marina Álvarez Santos, contra a sentenza ditada o 26 de abril de 2017 polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal, sobre desemprego-sanción de extinción. Igualmente, declaramos a nulidade de todas as actuacións do dito xulgado do social desde a admisión a trámite do recurso de suplicación e declaramos firme a sentenza de instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Eurometal Galicia, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución o da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza