Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de derrogación por innecesarios acordos plenarios sobre cambio de uso de parcelas con destino ao centro de saúde.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2018 acordou:

Primeiro. Derrogar por innecesarios segundo se recolle nos informes emitidos tanto pola Dirección Xeral de Administración Local, como polo xefe do Servizo de Urbanismo e o asesor xurídico do Concello, os acordos adoptados nos plenos do 20.6.2012 e 20.6.2017 sobre cambio de uso de predios destinados a centro de saúde, sendo que a cualificación urbanística outorgada polas normas subsidiarias municipais vixentes, permite a implantación do uso sanitario pretendido, polo que nada obsta o outorgamento de licenza municipal directa para a construción do centro de saúde nas parcelas referidas, ao estar expresamente recoñecido o uso sanitario no artigo 171 das mesmas NNSS relativo ao sistema de equipamentos comunitarios, como equipamento socio-asistencial.

Segundo. Esta derrogación terá efectos «ex tunc», como se nunca se adoptasen os ditos acordos e entrará de novo en vigor a normativa das normas subsidiarias vixente ata o momento de adoptarse os acordos.

Terceiro. Estes acordos deberán remitirse á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio e deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia e no BOP, e fará constar no anuncio a remisión á consellería. Tamén se dará traslado deste acordo e do actuado ao Servizo de Urbanismo.

Cuarto. Facultar a alcaldía para a execución de cantos trámites sexan necesarios en dereito para a execución destes acordos e para levar a cabo todos os trámites necesarios para a agrupación dos predios e a súa posterior cesión á Xunta de Galicia para a construción do centro de saúde.

Melide, 21 de febreiro de 2018

Dalia García Couso
Alcaldesa