Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación da obra de ampliación da piscina municipal (expdte_contra:2017/C003/000010).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Intervención.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico:contratacion@oroso.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017/C003/000010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: ampliación da piscina municipal.

c) CPV: 45212423-7.

d) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento base de licitación: 82.181,48 euros máis IVE de 17.258,11 euros. Total: 94.439,59 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 98.617,78 euros.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na claúsula 11 do prego de claúsulas administrativas particulares.

c) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

d) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

8. Apertura de ofertas: publicarase no perfíl do contratante.

9. Pregos: publicarase no perfíl de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 26 de febreiro de 2018

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde