Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13058

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación do alugamento dun local con destino á axencia de lectura de Vilalonga.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do alugamento de local con destino a axencia de lectura municipal en Vilalonga, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do alugamento de local con destino á axencia de lectura municipal en Vilalonga.

2. Duración do contrato: será de dous anos con posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Orzamento de licitación: será mensual e con IVE incluído de 500,00 €.

4. Procedemento, tramitación e órgano de contratación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración) e o órgano de contratación será a Presidencia do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo.

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo dirixidas ao presidente de Terra de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 8ª e 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Local ofertado: presentarase un plano do local a escala mínima 1/50 do estado actual e do acondicionamento necesario que hai que realizar, cunha distribución indicativa para o desenvolvemento como axencia de lectura e localización desta, así como memoria das obras que se realizarán para a adecuación do local. Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

b) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento de licitación mensual, con IVE (500,00 €). Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: a designación dos seus membros e a súa constitución efectuarase de acordo co sinalado na cláusula 10ª e 11ª dos pregos respectivos.

8. Garantías e solvencias: non se exixen, dada a natureza do contrato.

9. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 28 de febreiro de 2018

Telmo Martín González
Presidente do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo