Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación do contrato de concesión de servizos de xestión da piscina municipal cuberta de Marín.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Marín.

a) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Secretaría.

b) Obtención de documentación e información: Servizo de Secretaría do Concello de Marín.

– Domicilio: avenida Ourense, s/n, 36900 Marín.

– Teléfono: 986 88 03 00. Fax: 986 88 20 13.

– Web municipal (perfil do contratante): www.concellodemarin.es.

– Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas. A petición de aclaracións ou documentación complementaria que non estea publicada no perfil do contratante nin se facilitase o seu acceso por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, e que sexa necesaria ou conveniente para a formulación das ofertas, deberá presentarse con 9 días naturais de antelación ao prazo de finalización da presentación de ofertas. A remisión efectuarase nos 6 días naturais seguintes á solicitude. Non se admitirá ningunha solicitude de información adicional cunha antelación de menos de 3 días naturais á finalización do prazo de presentación de ofertas.

c) Número de expediente: 546/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de concesión de servizos.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo público de xestión integral da piscina municipal cuberta de Marín.

c) División por lotes: non.

d) Admisión de melloras: non.

e) Lugar de execución: piscina municipal de Marín.

f) Prazo de execución: prazo máximo de 5 anos, sen posibilidade de prórroga.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 92610000-0 (servizos de explotación de instalacións deportivas).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación (cláusula 15 do PCAP):

– Redución das tarifas a aplicar aos usuarios: ata 55 puntos.

– Exención de matrícula para determinados colectivos: ata 15 puntos.

– Incremento do canon a aboar ao Concello: ata 15 puntos.

– Admisión ao uso da piscina sen custo unha hora á semana para determinados centros educativos: ata 10 puntos.

– Pór á disposición do Concello abonos anuais gratuítos para deportistas de alta competición: (ata 5 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 1.855.230,98 €, IVE excluído.

5. Canon anual mínimo: 1.200 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do prezo do contrato, IVE excluído).

c) Complementaria: non se exixe.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior a 556.569,29 euros, equivalente a unha vez e media ao valor anual medio do contrato.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos públicos de carácter deportivo ou traballos de análoga natureza prestados nos últimos cinco anos que inclúa o seu importe, as súas datas e os seus beneficiarios públicos ou privados. O seu importe global deberá ser igual ou superior a 350.000 euros. Os servizos ou traballos realizados acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario fose unha entidade do sector público. Cando o destinatario fose un suxeito privado, mediante unha declaración do empresario. Para efectos de determinar a correspondencia entre os traballos acreditados e os que constitúen o obxecto do contrato, cando exista clasificación aplicable a este último atenderase ao grupo e subgrupo de clasificación a que pertencen uns e outros, e nos demais casos á coincidencia entre os dous primeiros díxitos dos seus respectivos códigos CPV. Considerarase acreditada a solvencia se o importe anual acumulado no ano de maior execución do período de referencia acredita un importe igual ou superior a 371.046,20 euros, equivalente á anualidade media do contrato.

9. Presentación de proposicións:

a) Prazo: quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: véxase cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Marín, avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, ata as 14.00 horas do último día de prazo.

10. Apertura de proposicións:

a) Lugar: Casa do Concello.

b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

11. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata os 2.500 euros.

Marín, 23 de febreiro de 2018

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa