Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación (869/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 869/2015 por instancia de Manuel Ángel Cid Maceiras contra a empresa Servicios y Transportes R. Canosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade nos cales recaeu sentenza o 30 de xaneiro de 2018 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Manuel Ángel Cid Maceiras fronte á empresa Servicios y Transportes R. Canosa, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Servicios y Transportes R. Canosa, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de mil douscentos corenta e nove euros con sesenta céntimos de euro (1.249,60 euros) devindincando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo consta no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Servicios de Transportes R. Canosa, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza