Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (857/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 857/2015 por instancia de Marcos Carcia Ramos contra María del Carmen Figueiras Ribadas, Beatriz Haz López, Sonia Sánchez García e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 30.1.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Marcos García Ramos fronte a María del Carmen Figueiras Ribadas, Beatriz Haz López e Sonia Sánchez García e, en consecuencia:

– Absólvense a Beatriz Haz López e Sonia Sánchez García das pretensións fronte a elas dirixidas.

– Condénase a María del Carmen Figueiras Ribadas a aboar a Marcos García Ramos a cantidade de dous mil cento trece euros con vinte e sete céntimos de euro (2.113,17 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a María del Carmen Figueiras Ribadas, Beatriz Haz López e Sonia Sánchez García, expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza