Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (PO 551/2017).

PO procedemento ordinario 551/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: María Cruz Balboa Castro

Demandados: Fondo de Garantía Salarial e Irene Fandiño Camiña

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Cruz Balboa Castro contra o Fondo de Garantía Salarial, Irene Fandiño Camiña, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 551/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Irene Fandiño Camiña, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 12 de abril de 2018 ás 9.50 e 9.55 horas, na planta 1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Irene Fandiño Camiña, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza