Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 318/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en substitución, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 318/2017 e acumulada despedimento/cesamentos en xeral 616/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Calviño Pose contra a empresa Deus Creaciones, S.L. e outros, sobre resolución de contrato e cantidade e acumulada de despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza

A Coruña, 2 de febreiro de 2018

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois dos presentes autos seguidos neste xulgado co número 318/2017, sobre resolución de contrato e cantidade, e acumulados número 616/2017, sobre despedimento, sendo parte como demandante María Josefa Calviño Pose, representada pola letrada Marisol Romero Salgado, e como demandados Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L., que non comparecen; con intervención procesual da administración concursal Confección Ideal, S.L., representada pola letrada Cristina Suárez Gestal; administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal Deus Creaciones, S.L. e administración concursal Costura Invisible, S.L., administración concursal Shivshi, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., administración concursal Gaviota Textil XXI, S.L. e Fogasa, que non comparecen,

Decido:

Que, estimando as demandas acumuladas interpostas por María Josefa Calviño Pose contra as entidades demandadas, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data da presente resolución, e condeno as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. ao aboamento solidario dunha indemnización de 34.215,55 euros máis 10.684,15 euros por salarios de tramitación e 6.210,10 euros por salarios debidos e liquidación, máis o 10 % de xuro respecto desta última cantidade e que teña carácter salarial.

Absólvese a María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., Gaviota Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L. e Confección Ideal, S.L., expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza