Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11745

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (MMC 262/2017).

Patricia López Cousillas, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de modificación de medidas 262/2017 seguido por instancia de Antía Villar Pazos fronte a José Agulla Novas se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Que estimando a demanda interposta polo procurador José Portela Leirós, en nome e representación de Antía Villar Pazos, fronte a José Agulla Novas, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo a modificación das medidas acordadas na sentenza sobre garda, custodia e alimentos do 28 de maio de 2015, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, declarando a atribución do exercicio exclusivo da patria potestade á nai Antía Villar Pazos, a quen corresponde a garda e custodia do menor Raúl.

O dito con anterioridade enténdese, en todo caso, sen prexuízo de que, ante un cambio sobrevido e importante de circunstancias, se poida instar un novo procedemento.

Non procede a imposición das custas a ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra de conformidade co disposto nos artigos 457 e ss da LAC.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza.

Encontrándose o dito demandado, José Agulla Novas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Marín, 5 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza