Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11743

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (493/2015 MA).

Procedemento ordinario 493/2015 MA

Procedemento de orixe: monitorio 87/2015

Sobre outras materias

Demandante: José Gallego Pena

Procuradora: Celsa Muñoz Leira

Avogada: Margarita Santomé Parcero

Demandado: José Munín Cuiñas

Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo

Lugar: Vigo

Data: 14 de xuño de 2017

Demandante: José Gallego Pena

Avogada: Margarita Santomé Parcero

Procuradora: Celsa Muñoz Leira

Demandado: José Munín Cuiñas

Procedemento: procedemento ordinario 493/2015.

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora Celsa Muñoz Leira, en nome e representación de José Gallego Pena fronte a José Munín Cuiñas, debo declarar e declaro incumprida a obriga de pagamento contraída por este no documento do 25 de setembro de 2008 e condénoo a aboar ao demandante a cantidade de 126.836,09 euros máis os xuros pactados, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, a comunidade autónoma, a entidade local ou o organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente e sinalar no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz