Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11742

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (813/2016).

Eu, Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Ronda 38 Vigo, S.L. fronte a Beatriz Araújo Pereira ditouse sentenza do teor literal seguinte:

«Sentenza 89/2017.

Vigo, 28 de abril de 2017.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 813/2016 se seguen por instancia de Ronda 38 Vigo, S.L., representada pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande e defendida pola letrada Nuria Casal Domínguez, contra Beatriz Araújo Pereira, que foi declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de rendas e gastos dun contrato de alugamento de vivenda.

Resolución:

Estimo substancialmente a demanda interposta por Ronda 38 Vigo, S.L. contra Beatriz Araújo Pereira, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Beatriz Araújo Pereira a aboarlle a Ronda 38 Vigo, S.L. a cantidade de 2.129,32 euros.

2º. Condeno a Beatriz Araújo Pereira a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe formular recurso ningún.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose a dita demandada Beatriz Araújo Pereira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 3 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza