Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (130/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Santiago Carneiro Suárez contra Construcciones Vieiro 13, S.L., Andrés Fernández Díaz se acordou notificar parte dispositiva do Decreto de 30.1.2018 ditado no procedemento ENX 130/2016 a Construcciones Vieiro 13, S.L., Andrés Fernández Díaz, en ignorado paradoiro:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Santiago Carneiro Suárez presentou demanda de execución fronte a Andrés Fernández Díaz, Construcciones Vieiro 13, S.L.

Segundo. Ditouse auto despachando execución en data 28.9.2016 por un total de 831,30 euros en concepto de principal e de 83,30 euros en concepto provisional de xuros de mora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de prema en concepto de principal.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado en que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Andrés Fernández Díaz, Construcciones Vieiro 13, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 831,30 euros en concepto de principal e de 83,30 euros en concepto provisional de xuros de mora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de prema en concepto de principal euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación a Andrés Fernández Díaz, Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza