Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2017)

ETX execución de títulos xudiciais 174/2017

Procedemento de orixen: procedemento ordinario 758/2015

Sobre ordinario

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Cristina González Santos contra Delfina Pensado Boo se acordou notificar parte dispositiva do Decreto de data 22 de xaneiro de 2018 ditado no procedemento ETX 174/2017 a Delfina Pensado Boo, en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Delfina Pensado Boo en situación de insolvencia total por importe de 13.935,90 euros de principal, máis 2.603,91 euros de mora, máis 1.653,98 euros de xuros e custas sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase a súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación a Delfina Pensado Boo en ignorado paradoiro expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza