Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11758

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 222/2017).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 222/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 229/2016S

Sobre: ordinario

Demandante: Miguel de los Ángeles Canedo González

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Miguel de los Ángeles Canedo González contra Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L. se acordou notificar parte dispositiva do auto, dilixencia de ordenación e Decreto de data 10 de xaneiro de 2018, ditado no procedemento ETX 222/2017 a Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto 10.1.2017.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Miguel de los Ángeles Canedo González, fronte a Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., parte executada, por importe de 1.805,13 euros en concepto de principal, máis outros 285,93 euros de mora, máis 209,10 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS e aos representantes dos traballadores da empresa debedora, de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a xuíza.

A xuíza

Dilixencia de ordenación: 10.1.2018.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil dezaoito.

Vistas as dilixencias que anteceden e descoñecéndose polo momento a existencia de bens suficientes titularidade deste, acordo:

Practicar os trámites de indagación de bens, conforme as normas sinaladas no artigo 248 da LPL.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impuganada.

A letrada da Administración de xustiza

Decreto 10.1.2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que, segundo os datos existentes na aplicación informática, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta número 0049 3569 9200 0500 1274, e deberase indicar no campo concepto de pagamento 5076 0000 64 0222 17.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 0049 3569 9200 0500 1274. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo «concepto» deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0222 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a xuíza. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación a Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza