Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

No citado acordo dáselles audiencia aos interesados para alegacións por prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio, durante o que poderán achegar a documentación e propor a proba que ao seu dereito conveña.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, sita na avenida da Habana, 79, 1º andar, 32872 Ourense.

Ourense, 15 de xaneiro de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado/a

DNI

Corpo

Ascensión Díaz Álvarez

51668940-S

Tramitación procesual e administrativa

Josefina Verdejo García

44375205-V

Tramitación procesual e administrativa

Pedro Gómez Jorquera

23000475-S

Xestión procesual e administrativa