Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2018 pola que se lles notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria, pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberase efectuar ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: LU90502, conta 78.

Nome: Pablo Iglesias Corredoira, con DNI XXXXX485Q, e comunidade hereditaria de Santiago Iglesias Martín e Mercedes Corredoira Rodríguez.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil) a Pablo Iglesias Corredoira e á comunidade hereditaria de Santiago Iglesias Martín e Mercedes Corredoira Rodríguez da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1996 ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por Santiago Iglesias Martín e Mercedes Corredoira Rodríguez.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.