Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11240

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4022/2017 IP).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4022/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 998/2016 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recorridos: Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Enrique Soto Hermida, Construcciones Casas Novas, S.L.

Avogado/a: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo, Juan Rafael Pazos Pesado

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4022/2017 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Construcciones Casas Novas, S.L. sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución.

Desestimando o recurso de suplicación articulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 28 de abril de 2017, en autos número 998/2016, instados por Enrique Soto Hermida fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Construcciones Casas Novas, S.L., sobre revisión de grao de incapacidade permanente, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (número recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (número recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Casas Novas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza