Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11242

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2106/2017-SGP).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2106/2017 desta sección, seguido por instancia de José Luis Gómez Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Hidrocantábrico Energía, S.A., Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., Alstom Power, S.A., administración concursal Talleres y Aplicaciones del Eume (Fco. Javier Gosende Redondo) sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza, Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

O anterior escrito subscrito polo letrado Federico Novo Prego, en nome e representación de José Luis Gómez Martínez, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias e atéñase ao acordado na dilixenciade de ordenación do 23 de xaneiro de 2018. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 da Coruña que a resolución desta sala ten sida impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquense as partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza