Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11244

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (xuízo verbal 364/2016).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido (A Coruña), dou fe e certifico que nos autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado sobre reclamación de cantidade, por instancia de Fernando Casás Iglesias, contra María Lourdes Brión Silva, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 92/2017.

Ribeira, 28 de agosto de 2017.

Iria López Carregal, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta localidade e do seu partido, viu os autos de xuízo verbal rexistrados co número 364/2016, promovidos por Fernando Casás Iglesias, representado polo procurador dos tribunais Óscar Pérez Goiris e asistido polo letrado Juan Pardavila Figueirido, contra Lourdes Brión Silva, sen representación nin asistencia técnicas, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Estimo integramente a demanda interposta por Fernando Casás Iglesias e condeno a María Lourdes Brión Silva a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.420 euros máis os xuros dos artigos 1.100 e 1.108 do Código civil, desde o 14 de setembro de 2016. Desde a data desta resolución devindicaranse os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

As custas impóñenselle á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme conforme o previsto no artigo 455.1 da LAC.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando en primeira instancia».

Publicación. A sentenza precedente foi publicada en legal forma o día da súa data e incorporouse ao libro de sentenzas deste xulgado co número que consta.

O inserido previamente coincide fielmente co seu orixinal, ao cal, pola súa maior extensión, me remito.

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á demandada, María Lourdes Brión Silva, expido este edicto.

Ribeira, 20 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza