Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de dilixencia (CUA 425/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de conta de avogados 425/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Grande Mouriño contra Fontefría, S.L., Pavimentos de Meaño, S.L. e Cotrarga, S.L. sobre ordinario, foi ditada dilixencia de ordenación do 15.9.2017, impugnable en revisión no prazo de tres días, a cal se encontra ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotrarga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza