Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 431/2016).

Procedemento ordinario (PO) 431/2016

Demandante: Matías Colinas Cespón

Graduado social: Juan Carlos Laranga Liñares

Demandados: Riveira Enteira, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 431/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matías Colinas Cespón contra Riveira Enteira, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 22 de marzo de 2018 ás 11.25 horas, na Secretaría deste xulgado, para realizar o acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 22 de marzo de 2018, ás 11.30 horas na planta baixa, sala de vistas, edificio de Xulgados, para realizar o acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírteselle á parte demandante que, no caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda, e advírteselle igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa realización, xa que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social, para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta ao xuíz do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Riveira Enteira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza