Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 504/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 504/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L.S., Neira y Ferreira, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«DOI despido obxectivo individual 504/2017.

Procedemento orixe:

Sobre: despedimento.

Demandante: Eduardo Rios Pulleiro

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L.S. e Neira y Ferreiro, S.L.U.

Avogado: letrado de Fogasa.

Sentenza

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 509/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro, asistido pola letrada María del Mar Rodríguez López, contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U.

Decido.

Estímase a demanda interposta por Eduardo Ríos Pulleiro contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polas demandadas con efectos do 2 de xuño de 2017, e en consecuencia debo condenar e condeno solidariamente ás demandadas a que readmitan o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir dende a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 79,78 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 5.045,87 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercitarse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a empresa aboar á demandante a cantidade de 864,79 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos máis o interese de amora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste Xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende e Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza