Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 596/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 596/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ignacio Llamas Fernández contra a empresa Ambulancias do Eume, S.L., e administración concursal Ambulancias do Eume, S.L. e Fogasa sobre reclamación de dereito á reincorporación, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

Sentenza.

Na Coruña o dezaseis de xaneiro de dous mil dezaoito

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 596/2015, en que son parte, dun lado, como demandante, José Ignacio Llamas Fernández, con DNI 72706708M, asistido polo letrado Luis Carrera Rodríguez en substitución da letrada Sheila María González Durán e como demandados Ambulancias do Eume, S.L.U., non comparece malia estar citada en legal forma, administración concursal da mercantil Ambulancias do Eume, S.L., e que asume Nonito Aneiros García e con DNI 32662619C e en virtude de acta de aceptación de cargo expedido polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña; e o Fogasa que comparece representado pola letrada Rosa Prósper Montalvo, representado sobre o dereito a declaración de reincorporación ao posto de traballo desde el día 1 de febreiro de 2015, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Ignacio Llamas Fernández, con intervención do Fogasa, contra Ambulancias do Eume, S.L., en situación de liquidación, e absolvo esta entidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Ambulancias do Eume, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza