Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10348

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (190/2016).

Nos autos de ordinario número 190/2016, seguidos por instancia do procurador Manuel J. Pedreira del Río, en nome e representación de María del Carmen Varela Iglesias, contra Adiela Suárez Arenas, pronunciouse con data do 1.9.2017 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza: 126/2017.

Xuízo ordinario nº 190/2016.

Sentenza:

En Betanzos, 1 de setembro de 2017.

Vistos por min Mª de las Nieves Corral Montes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario nº 190/2016 en que foron parte demandante Mª del Carmen Varela Iglesias representada polo procurador Manuel J. Pedreira e asistido polo letrado Javier Lois e parte demandada Adiela Suárez Arenas.

Resolvo:

Que estimando a pretensión presentada pola parte demandante Mª del Carmen Varela Iglesias representada polo procurador Manuel J. Pedreira del Río contra a parte demandada Adiela Suárez Arenas, debo declarar e declaro:

– A nulidade do título de adxudicación de herdanza autorizada polo notario Isidoro Antonio Calvo Vidal con data do 2.2.2007 baixo o nº de protocolo 270.

– A nulidade da inscrición rexistral 5º denominada herdanza con data do 4.4.2007 onde consta Adiela Suárez Arenas como propietaria do predio con carácter privativo por título de adxudicación da herdanza intestada de Daniel Sebastián Varela Iglesias.

Condénase en custas á demandada.

Notifíqueselle ás partes.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data, ante min a letrada da Administración de xustiza. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG, e para que sirva de notificación en forma á demandada rebelde Adiela Suárez Arenas, expídese este edicto.

Betanzos, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administracion de xustiza