Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10346

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (813/2016).

Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, fai saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, por medio do presente edicto se lle notifica ao demandado, Pedro Fernando Batista Mirelhes, a sentenza ditada no presente procedemento, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 23 de outubro de 2017.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal 813/2016, promovidos pola entidade Gag Internacional, S.L. representada polo procurador dos tribunais José Fernández González e asistida pola letrada Lucía Martínez Cerezo, contra Pedro Fernando Batista Mirelhes, en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Decido.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Gag Internacional, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Fernández González, contra Pedro Fernando Batista Mirelhes, en rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno o citado demandado a satisfacer á demandante a cantidade de catro mil seiscentos setenta e tres euros con setenta e un céntimos (4.673,71 euros), máis os xuros legais e as custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación perante este xulgado do cal coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia».

Vigo, 28 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza