Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 600/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 600/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Souto Souto contra a empresa Rehabilitaciones Arteixo, S.L. e contra o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza.

Na Coruña o dezaseis de xaneiro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 600/2015 en que son parte, dun lado como demandante José María Souto, con DNI 76333018C, asistido pola letrada María Belén Canosa Ferrio, e como demandados Rehabilitaciones Arteixo, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando en parte a demanda interposta polo actor José María Souto Souto, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Rehabilitaciones Arteixo, S.L. a que aboe ao demandante 8.019,44 euros, máis os xuros por demora correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rehabilitaciones Arteixo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza