Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 606/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 606/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Allo Blanco contra a empresa Electricidad Hermanos Domínguez, S.A., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

Sentenza.

A Coruña, dezasete de xaneiro de dous mil dezaoito

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 606/2015, nos cales é parte, dun lado, como demandante, Víctor Allo Blanco, representado polo letrado Pedro Pedreira Candal, e como demandado a mercantil Electricidad Hermanos Domínguez, S.A, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que comparece representado por Rosa Prósper Montalvo, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Decido.

Que, estimando a demanda interposta por Víctor Allo Blanco, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Electricidad Hermanos Domínguez, S.A., a aboar ao demandante a cantidade de 5.210,95 € polos conceptos reclamados na demanda, máis o xuro do 10 % por demora, e considérase prescrita a reclamación respecto do Fogasa.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Hermanos Domínguez, S.A., en ignorado paradoiro, expido ese edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza