Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9778

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO de notificación de sentenza (36/2017).

Eu, María del Carmen Félix Bermúdez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal 36/2017 consta o encabezamento e a parte dispositiva da sentenza que literalmente se transcribe a seguir:

«Sentenza nº 57 de 2017.

O Barco de Valdeorras, nove de xuño de dous mil dezasete.

Fernando Barcia González, maxistrado de primeira instancia número 1 do Barco de Valdeorras, tendo visto os autos que se seguen neste xulgado co núm. da marxe por instancia da entidade Catalana Occidente, S.A., representada polo procurador dos tribunais Jorge Vega Álvarez, asistido do letrado Celso Delgado Arce, contra a entidade Operador Logística Nusa, S.L., declarada en rebeldía procesual, en reclamación de cantidade polo importe de 3.610,37 euros.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por instancia de Catalana Occidente, S.A., representada polo procurador dos tribunais Jorge Vega Álvarez contra a entidade Operador Logística Nusa, S.L., declarada en rebeldía procesual, en reclamación de cantidade polo importe de 3.610,37; e debo de condenar e condeno a entidade demandada a satisfacer a favor da entidade demandante a cantidade de 3.610,37 euros máis os xuros legais procedentes e as custas ocasionadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3204 0000 03003617, coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír, a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deban realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo “observacións”, a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, cuxo orixinal se levará ao libro de sentenzas civís deste xulgado deixando nas actuacións testemuño literal, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E para que conste e se entregue á parte para a súa inserción no DOG, expido este edicto.

O Barco de Valdeorras, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza