Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (786/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 786/2015 por instancia de Pablo López Ponte contra a empresa Galeón Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 16.1.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Pablo López Ponte fronte á empresa Galeón Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Galeón Coruña, S.L. a aboar a Pablo López Ponte a cantidade de seis mil catrocentos noventa e un euros con trinta e dous céntimos de euro (6.491,32 euros) devindicando os correspondentes xuros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Galeón Coruña, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza