Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9776

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (496/2017).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no procedemento de xuízo verbal 496/2017 seguido por instancia da Comunidade de Propietarios do Edificio Celia contra Double M Galexport, S.L., foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 204/2017.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Comunidade de Propietarios do Edificio Celia rúa Villar, portais 1, 2, 3 e 4, Lestedo, Boqueixón.

Procurador: Sr. Pérez Gorís

Avogado: Sr. Iglesias Castro

Demandada: Double M Galexport, S.L. (en rebeldía procesual)

Xuízo verbal 496/2016 sobre reclamación de cotas de comunidade.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta pola Comunidade de Propietarios do Edificio Celia rúa Villar, portais 1, 2, 3 e 4, Lestedo, Boqueixón, representada polo Sr. Pérez Gorís, contra Double M Galexport, S.L., en rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboar á demandante a 1.020,27 euros, máis os xuros legais desde o 7 de setembro de 2016.

Isto con imposición de custas á demanda.

Notifíquese en legal forma.

Esta sentenza é firme; contra ela non cabe recurso.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

Publicación: a anterior sentenza foi pronunciada e publicada celebrando audiencia pública no mesmo día da data. Dou fe».

E encontrándose a devandita demandada, Double M Galexport, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza