Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9774

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3150/2017-MCR).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3150/2017-MCR desta sala, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Varela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Camuyde, S.L., Montajes de Maquinaria y Precisión, S.A., Begoña Rodríguez Blach (herdanza xacente de Fco. Javier Rodríguez Amado), Rina, S.A., Armamento y R. Buques (Arbusa), Luis Ruiz Yepes, Toloso, S.A., M T Ríos SID, Detor, S.L. sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Manuel Casal Fraga, en nome e representación de Manuel Rodríguez Varela, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, do 7 de marzo de 2017 en autos nº 447/2016, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguranza social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rina, S.A. Armamento y R. Buques (Arbusa), Luis Ruiz Yepes, Toloso, S.A, Detor, S.L., M T Ríos SID, en ignorado paradoiro, expido ese edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza