Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Cotobade.

A Comisión Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade, en sesión ordinaria celebrada o 1 de febreiro de 2018, adoptou acordo de aprobación inicial da modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Cotobade.

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Diario de Pontevedra.

Durante o dito prazo poderá ser examinado o expediente por calquera interesado/a na casa do concello (Chan 11, Carballedo) das 9.00 ás 13.00 horas para formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Queda suspendido o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente coas excepcións previstas no Regulamento da Lei do solo e que se corresponden coas seguintes parcelas catastrais:

36012B508012950000FO

36012B508012960000FK

36012B508013130000FB

36012B508012860001GW

36012B508012870001GA

36012B509013720001GF

36012B508012880000FL

36012B508012890001GY

36012B508012940001GQ

A duración da suspensión é de dous anos, aínda que se extinguirá cando se aprobe de maneira definitiva a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Cotobade.

Cerdedo-Cotobade, 2 de febrero de 2018

Jorge Cubela López
Presidente