Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases do proceso de selección dunha praza de policía local.

Acordo da Xunta de Goberno Local, do 15 de novembro de 2017, do Concello de Arteixo (A Coruña) referente á convocatoria e bases para a provisión dunha praza de policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 229, do 1 de decembro de 2017, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección, polo procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade dunha praza vacante do posto de policía local, grupo C1, persoal funcionario, incluída nas ofertas de emprego público do exercicio 2014 e anteriores.

As instancias en que se solicita tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 18 de decembro de 2017

O alcalde presidente
P.D. (Decreto nº 1336/2015)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Réxime Interior