Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre a construción de panteóns con oitenta e oito nichos no cemiterio de San Vicente do Grove.

En aplicación do disposto no número 3 da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, e visto o informe técnico, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente de construción de panteóns con oitenta e oito nichos, segundo o proxecto redactado pola arquitecta Sandra Barbeito Méndez, con data de febreiro de 2017, de acordo co que se indica a seguir:

Nº de expediente

Solicitante

Asunto

Situación

767/2017

Juan Ventura Martínez Reboeiras e/r da parroquia de San Vicente do Grove

Construción de panteóns con oitenta e oito nichos

Cemiterio de San Vicente do Grove

Queda o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo para formular alegacións na oficina técnica do Concello, situada na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, 3º andar (O Grove), das 9.00 ás 14.00 horas.

O Grove, 18 de xaneiro de 2018

José A. Cacabelos Rico
Alcalde