Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9093

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN852A).

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19, que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao que deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento que basea, pola súa vez, en varios criterios de intervención para lograr os devanditos tipos de crecemento: desenvolvemento intelixente: favorecemento dunha economía baseada no coñecemento e na innovación; desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva; e desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita o desenvolvemento da cohesión social territorial. A EE2020 fixa cinco obxectivos para ser cumpridos no nivel europeo con fitos específicos para cada país.

Trátase duns obxectivos que se asocian directamente aos obxectivos temáticos (OT) que aparecen recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013); e as prioridades de investimento fixadas no Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no seu capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, atribuíndolle, no seu artigo 15.3, a consideración de Plan estratéxico de subvencións, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007).

O primeiro plan que iniciou a senda de definición de políticas de innovación asociadas ao concepto de especialización intelixente foi o Plan de innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C). Este plan é o antecedente inmediato da vixente Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (en diante, RIS3 Galicia) que foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de novembro de 2013, e que define o marco para as políticas de investigación e innovación en Galicia para o período 2014-2020, e para a selección de prioridades de investimento, subobxectivos temáticos e actuacións do obxectivo temático 1 do Feder, e recolle, entre os seus instrumentos de desenvolvemento, o programa Peme Innova no que os proxectos de innovación aberta teñen o propósito de subministrar incentivos á cooperación entre as pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación, particularmente, cos axentes xeradores de coñecemento e con outras empresas, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado.

As axudas que agora se convocan están, pois, en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia e tamén co esquema da Unión Europea reflectido no Programa marco de investigación, desenvolvemento e innovación «Horizonte 2020» co fin de procurar, a medio e longo prazo, a obtención de retornos sociais.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos (en diante, Decreto 50/2012), establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implantación de estratexias e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos destacan o de definir e desenvolver as políticas públicas que permitan, ás empresas e ao resto de axentes, o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento; definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia; fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma galega; promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do sistema galego de innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta; favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e as axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) nº 187, do 26 de xuño de 2014 (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

A presente orde é coherente coa normativa comunitaria e coas directrices elaboradas pola Comisión Europea sobre as opcións de custos simplificados que teñen por obxectivo a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas ás entidades beneficiarias, e a redución da posibilidade de erro e a carga administrativa aos promotores do proxecto. Esta orde acolle na súa regulación a posibilidade recollida no artigo 68 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, segundo a cal distingue entre custos directos, suxeitos ao réxime ordinario de xustificación por medio de documentos xustificativos do gasto e pagamento; e custos indirectos, suxeitos ao réxime de financiamento de tipo fixo.

Esta convocatoria tramítase de xeito anticipado ao abeiro do artigo 25.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009).

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN852A), axustándose as axudas concedidas no marco desta resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Definicións

1. Agrupación de empresas beneficiarias: para os efectos desta resolución enténdese por agrupación de empresas beneficiarias aquelas empresas que participan de xeito conxunto no proxecto obxecto da subvención, entre as que exista un acordo regulador que recolla, polo menos, os mínimos establecidos no artigo 5.4 desta resolución. Unha das empresas da agrupación asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante o órgano convocante, denominándose, en diante, o líder.

2. Empresa vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presumirase que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 (segundo parágrafo) do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

3. Empresa en crise: a que así se defina consonte o previsto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e ás directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, DOUE C nº 249, do 31 de xullo de 2014, ou documento que o substitúa.

4. Grande empresa: enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Pequena e mediana empresa: segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan a menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos, deberán considerar as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

6. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante, organismos de investigación) segundo a definición do artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar, de xeito independente, investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos de ditas actividades deberán contabilizarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

7. Reto estratéxico: sintetiza o conxunto de prioridades tecnolóxicas e de innovación da RIS3 Galicia, baseadas tanto en actividades existentes como en oportunidades de futuro. Os retos estratéxicos son:

Reto 1: xestión innovadora de recursos naturais e culturais. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

Reto 2: o modelo industrial da Galicia do futuro. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais.

Reto 3: novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Posicionar a Galicia para o ano 2020 como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños, e a nutrición funcional.

Artigo 3. Actividades subvencionables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación en materia de organización e a innovación en materia de procesos. Para os efectos desta resolución entenderanse por tales conceptos as definicións contidas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

a) Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes. Comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

b) Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación, sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles.

c) Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

d) Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos os cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

Artigo 4. Condicións dos proxectos

1. Os proxectos estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia, de acordo coa definición deles que se realiza no artigo 2 desta resolución, e coas súas liñas prioritarias, que se detallan no anexo VI.

2. Os proxectos de I+D+i subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán realizarse sempre en cooperación con pemes e ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e un máximo de 1.500.000 euros dividido nas distintas actividades a realizar por cada un dos integrantes da agrupación. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 euros, e a repartición da participación de cada empresa deberá ser equilibrada, non superando, en ningún caso, a participación dunha única empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

Poderán incluírse grandes empresas, cunha participación limitada a un máximo do 25 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

3. Só se financiarán as actividades do proxecto desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega. Todos os membros da agrupación deberán levar a cabo as súas actividades en Galicia, de xeito que deberán ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter a axuda. De non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite que se establecerá en Galicia antes de iniciarse o proxecto.

4. De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo do proxecto. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos que a empresa incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica. A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades do proxecto.

5. A duración mínima da actividade será de dúas anualidades, e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2020.

Artigo 5. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no artigo 2.

2. As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por tres empresas non vinculadas entre si e como máximo por seis empresas, debendo ser o tamaño da agrupación o necesario para garantir unha xestión eficaz deste. Na agrupación poderá participar só unha gran empresa coa participación máxima sinalada no artigo 4.2 desta resolución. No caso de que na agrupación non participe ningunha pequena empresa, será necesario que, como mínimo, unha destas sexa subcontratada por calquera das empresas da agrupación para desenvolver tarefas/actividades de I+D+i dentro do proxecto.

3. Se a agrupación de entidades participantes no proxecto non ten personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

4. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, asumindo un dos socios, o líder, a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no documento contractual que se realice para ese efecto.

Todas as empresas que forman parte da agrupación e que obteñan a axuda terán a condición de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e o pagamento da axuda efectuaranse a cada unha das empresas participantes en proporción á parte dos gastos que lles corresponda realizar no proxecto.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades e do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Acordos de confidencialidade.

d) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados.

e) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

f) Designación dun xefe técnico do proxecto. Esta figura será única para toda a agrupación.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

5. A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

6. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Financiamento

Eixe

OE

Beneficiarias

Desagregación medida
CE_Actividade

Aplicación

Código
do proxecto

2018

2019

2020

Total

01

1.2.1

Grandes empresas

002_64

09.A3.561A.770.0

2016 00002

249.000

2.500.000

1.251.000

4.000.000

01

1.2.1

Pemes

064_65

09.A3.561A.770.0

2016 00011

461.000

15.000.000

7.539.000

23.000.000

1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo, de conformidade co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas subvencións á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de adxudicación, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes que resulte da aplicación dos criterios de valoración.

A distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sen incrementar o crédito total.

2. As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1: «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2: «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico 1.2.1: «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora», actuación CPSO 1.2.1.7: «Proxectos de innovación aberta para subministrar incentivos á cooperación entre as empresas».

Artigo 7. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario da agrupación e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

60 %

50 %

40 %

Innovación en materia de procesos e organización

50 %

50 %

15 %

2. Para o caso de que se subvencione un terceiro proxecto a unha mesma entidade, a intensidade bruta de subvención para esa entidade será reducida nun 15 %. Para o caso de que se subvencione un cuarto proxecto a unha mesma entidade, a intensidade bruta de subvención para esa entidade será reducida nun 25 %. A partir do quinto proxecto subvencionado para unha mesma entidade, a redución da súa intensidade bruta de subvención será do 40 %.

3. As axudas previstas nesta resolución serán compatibles coa percepción de calquera outra subvención ou axuda para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, sempre que no seu conxunto non se superen os límites de intensidade de axuda previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, ou que de acordo coa súa normativa reguladora fosen incompatibles.

No caso de que estas axudas sexan compatibles con outras axudas cofinanciadas con fondos EIE (Fondos Estruturais e de Investimento Europeos) terase en conta a limitación a nivel de partida de gasto prevista no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. De acordo co establecido no citado artigo, o proxecto poderá recibir axuda doutros fondos EIE, de un ou de varios programas, e doutros instrumentos da Unión, a condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

4. As axudas da presente convocatoria fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do 80 %, computándose como investimento privado elixible das beneficiarias o 20 % restante.

Artigo 8. Conceptos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

A estes gastos seralle de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2. Para a anualidade de 2018 só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 37 desta resolución, e en ningún caso, antes do 1 de xaneiro de 2018. Para estes efectos, considérase como data de presentación a que corresponde á solicitude do líder da agrupación. Para o resto de anualidades admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de xustificación da anualidade anterior e a data límite de xustificación da anualidade corrente.

3. Os custos subvencionables desagregaranse nas seguintes partidas:

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade se pode demostrar. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1) Custos de persoal.

2) Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3) Materiais, subministracións e produtos similares.

4) Adquisición de patentes.

5) Servizos tecnolóxicos externos.

6) Subcontratacións.

b) Custos de carácter indirecto: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e normas número 5 e 13 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10 % aos custos de persoal imputados ás actividades de investigación do proxecto.

Artigo 9. Custos de persoal

1. Poderanse subvencionar os custos de persoal propio e os do persoal de nova contratación que se incorpore á empresa para a realización do proxecto (persoal investigador, técnico e persoal auxiliar que realice actividade de investigación) no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento das actividades de I+D+i do plan de traballo do proxecto.

O número de investigadores no cadro de persoal propio asignado ao proxecto para cada empresa non poderá superar o máximo de 5 traballadores para proxectos cun custo subvencionable de entre 500.000 e 1.000.000 de euros, e o máximo de 6 traballadores para proxectos cun custo subvencionable de entre 1.000.000 e 1.500.000 euros. Excepcionalmente, estas limitacións non se aplicarán nos proxectos aliñados coas prioridades da RIS3 Galicia nos que, polas súas características, a actividade maioritaria da investigación teña que ser desenvolvida por persoal.

Para cada empresa, o custo de persoal propio será como máximo o 75 % do custo subvencionable.

Dentro dos custos de persoal poderá incluírse persoal de nova contratación que contrate a empresa para a realización do proxecto con carácter exclusivo para este, e debe incorporarse no contrato de traballo a vinculación exclusiva deste persoal ao proxecto que motiva a contratación. É requisito do persoal de nova contratación que no momento da contratación non teña nin tivese vinculación laboral coa empresa nos últimos dous anos.

2. Poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de investigación no proxecto cunha dedicación máxima anual do 70 %, xustificando detalladamente na memoria que se acompaña á solicitude as funcións de investigación que desenvolverá e que deberán ser compatibles coa súa labor directiva ou xerencial.

3. Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades que a entidade non levaría a cabo se non realizase a operación subvencionada. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego do persoal do beneficiario nos termos indicados na norma 6, punto 2 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

4. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos relacionados con aqueles traballadores que non estean dados de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolva o proxecto, e os de persoal que non teña relación contractual laboral coa empresa beneficiaria da subvención, agás que se trate de socios da empresa que traballen baixo o réxime de autónomos. No caso de traballadores autónomos a súa dedicación anual estará limitada ao 50 %.

b) Os conceptos incluídos na retribución bruta polo traballador que non garden relación coa actividade subvencionada.

c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do proxecto.

d) As contratacións en formación, as de prácticas, as de bolseiros, e as contratacións a tempo parcial, agás os supostos de redución voluntaria da xornada previstos no Estatuto dos traballadores.

e) As contratacións en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que se establecen pola Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns que se indican a seguir:

Titulación/categoría profesional

Grupo de cotización

Enxeñeiros/licenciados/persoal de alta dirección

1

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados

2

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

3

Axudantes non titulados

4

Oficiais administrativos

5

Subalternos

6

Auxiliares administrativos

7

Oficiais de primeira e segunda

8

Resto de oficiais

9

Peóns

10

Traballadores menores de 18 anos

11

f) Os custos de viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

5. Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao proxecto deberá ser motivada e xustificada, e será aprobada pola Axencia Galega de Innovación. Só se admitirán os cambios dunha persoa por outra con idéntica titulación ou cunha titulación susceptible de poder desempeñar funcións similares. No caso de persoal de nova contratación, a duración do contrato da persoa que se incorpore deberá ser, como mínimo, igual ou superior ao tempo que reste de execución do proxecto, e non se admitirá que a relación contractual entre ambas as dúas partes se interrompa e renove posteriormente durante a duración do proxecto, agás nos casos de cesamento voluntario por parte do traballador ou non superación do período de proba.

Artigo 10. Outros custos directos

O resto dos custos directos correspondentes a custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, material funxible, adquisición de patentes, servizos tecnolóxicos externos e subcontratacións calcularanse como custos reais con documentación de soporte do gasto e pagamento.

Artigo 11. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Serán subvencionables os custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición na medida e durante o período no que se utilicen para o proxecto.

Se o equipamento e material se dedica exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao termo do período de execución, será subvencionable o custo de adquisición. Deberá xustificarse na memoria do proxecto a vida útil do equipamento ou material.

Se o equipamento e material non se utilizan exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa subvencionable, deberá detallarse na memoria do proxecto o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ao proxecto.

Serán subvencionables os custos de depreciación dos bens amortizables sempre que se cumpran as condicións establecidas na norma número 8 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas de gastos subvencionables dos programas operativos do Feder 2014-2020.

Conforme o indicado no punto b) da citada norma, os activos depreciados non poderán ser adquiridos con axuda de subvencións públicas, nin a súa adquisición pode ter sido obxecto de cofinanciamento por parte dos fondos.

2. As novas licenzas e as renovacións de licenzas de software atópanse dentro da categoría de material inventariable e considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto, e non de uso xeral.

3. Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao remate do contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período no que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar con posterioridade á data da presentación da solicitude da subvención, podendo imputarse só as cotas pagadas dentro do período de xustificación de cada anualidade.

d) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

Artigo 12. Materiais, subministracións e produtos similares

Poderanse imputar os gastos de materiais directamente destinados ás actividades de investigación. Para estes efectos, deberán recollerse de forma detallada e concisa no punto correspondente do impreso da solicitude. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.

Artigo 13. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á agrupación, sempre e cando a operación se realizase en condicións de plena competencia e sen ningún elemento de colusión.

Artigo 14. Servizos tecnolóxicos externos

1. Consideraranse servizos tecnolóxicos externos aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Se a actividade que se vai realizar forma parte da propia investigación, deberá ser considerada como subcontratación.

2. Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades do proxecto e deberán estar debidamente xustificados na memoria técnica.

3. Na fase de solicitude deberase especificar o provedor que realizará estes servizos, así como presentar a documentación exixida no artigo 15, no caso de que se incorra nesa circunstancia.

Artigo 15. Ofertas

No caso de adquisición de bens de equipo, ou a contratación de servizos ou subministracións e materiais, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere os 15.000 euros no global do proxecto para un mesmo provedor, deberán achegarse un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non existan no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 16. Subcontratacións

1. Consideraranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.

2. As beneficiarias das axudas reguladas nesta resolución de convocatoria poderán subcontratar como máximo ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

3. Será obrigatoria a subscrición dun contrato entre a beneficiaria e a entidade subcontratista, que poderá condicionarse a resultar beneficiario da subvención, e deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data inicio e duración total, identificación dos investigadores participantes, orzamento total e desagregación por anualidades, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados. No contrato deberanse detallar as persoas que participan no proxecto, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas no mesmo e a porcentaxe de dedicación ao proxecto. Todos estes aspectos serán revisados pola Axencia Galega de Innovación.

4. En ningún caso, a beneficiaria poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores nos que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen a subvención por non reunir os requisitos ou non acadar a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades nas que concorran algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, sen prexuízo da excepción regulada no artigo 17 desta resolución en relación coas empresas vinculadas.

Artigo 17. Participación na agrupación de empresas vinculadas

Cando nun proxecto interveñan empresas vinculadas, consonte a definición que destas empresas se realiza no artigo 2 desta resolución e no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, só poderán facelo como membros da agrupación.

Artigo. 18. Gastos indirectos

En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o custo subvencionable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 10 % aos custos directos de persoal imputados ao proxecto, segundo o solicitado nel.

Artigo 19. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. Cada membro da agrupación, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información contida no anexo I. Desta presentación resultará un número de rexistro, que deberá facilitar á empresa líder.

2. Posteriormente a empresa líder de cada agrupación presentará a súa solicitude (anexo I). Para efectos de presentación da solicitude do proxecto, unicamente se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se entenderán inadmitidas as solicitudes que non dispoñan da presentación do líder.

3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015); no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Considérase que todos os solicitantes, ao exercer unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

Se algunha das empresas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación de solicitudes por parte do líder da agrupación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

Entenderase como derradeiro día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

5. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas a cada unha das empresas da agrupación:

1º. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan e que facilita ao líder para formulala son certos, e acepta as condicións e obrigas do programa Conecta Peme recollidas na Resolución do 31 de decembro de 2017.

3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

4º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

5º. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6º. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme ao disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

7º. Declaración responsable de que non estea suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

8º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que se solicita a axuda.

9º. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).

10º. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

11º. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.

12º. Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto.

13º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

Artigo 20. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación, distinguindo a documentación xurídico-administrativa e a documentación técnica:

1.1. Documentación xurídico-administrativa:

a) Contrato/s subscrito/s de subcontratación con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as dúas partes.

b) Informe de vida laboral da empresa posterior á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, selado e asinado polo titular da autorización.

c) Declaración de conformidade de participación no proxecto asinada polo/s representante/s de cada unha das empresas da agrupación outorgando ao líder do proxecto a autorización para canalizar a súa relación coa Administración, segundo o anexo II.

d) No caso de poder mancomunado, autorización para a comprobación de datos de terceiras persoas interesadas debidamente cuberta e asinada polo resto de socios mancomunados (anexo III), e autorización do resto dos socios a favor do representante (anexo XII).

e) No caso de ter concedida algunha axuda, copia da resolución de concesión.

f) Modelo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo X).

g) Modelo de autorización de comprobación de datos dos títulos oficiais do equipo investigador (anexo XI).

Ademais desta documentación, a empresa líder da agrupación presentará tamén:

h) Acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e obrigas que asume cada membro da agrupación co contido mínimo sinalado no artigo 5.4 desta resolución.

1.2. Documentación técnica:

a) Memoria do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo V (en formato pdf, máximo 3 MB). Nesta memoria deberá incluírse a información detallada sobre o persoal dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da empresa, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Con respecto do persoal de nova contratación, indicarase o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material ou, se for o caso, o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

b) Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.

c) Memoria xustificativa suficientemente detallada sobre as características do proxecto, que xustifique que a actividade maioritaria da investigación realizada por ese membro da agrupación teña que ser desenvolvida por persoal (só para as excepcións previstas no artigo 9.1).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada pola persoa interesada, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.

b) NIF da empresa solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante da empresa solicitante.

d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente. Esta consulta poderá facerse nos casos de: administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado. Para outros apoderados de entidades mercantís distintos dos anteriores, aínda que dispoñan de poderes xerais ou especiais inscritos nun rexistro mercantil, non poderá acreditarse a súa representación por estas vías, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, e terá que achegarse a correspondente documentación pública verificada polo/a letrado/a da Xunta de Galicia.

e) Títulos oficiais do equipo investigador.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 22. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. A Axencia Galega de Innovación informará as beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións, que será obxecto de publicación, onde figurarán os nomes das beneficiarias, as operacións, a cantidade de fondos públicos asignada, así como outra información prevista no anexo XII en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

3. Consonte o disposto no artigo 20.8 da Lei 38/2003, a cesión de datos que debe efectuarse á Intervención Xeral do Estado para a inclusión destes na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do afectado. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no artigo 21.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante, Lei orgánica 15/1999).

4. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios, e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Así mesmo, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade, a través do Portal de transparencia e goberno aberto, dos datos referidos á subvención referida. Todo isto consonte co establecido na Lei orgánica 15/1999, e na Lei 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, a Axencia Galega de Innovación publicará na súa páxina web oficial a relación das beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 24. Datos de carácter persoal

1. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Conecta pemes 2018», co obxecto de xestionar este procedemento, así como de informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega de Innovación. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Galega de Innovación mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: praza de Europa, nº 10 A, 6º B, 15707 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a axudas.gain@xunta.gal

2. Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado «Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos». Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, a través dun correo electrónico dirixido a
fondos.europeos.facenda@xunta.gal

Artigo 25. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código indicado no artigo 1, poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, na súa epígrafe de axudas.

b) Nos teléfonos 981 95 73 03, 881 99 91 59, 981 95 70 11 da devandita Axencia.

c) No enderezo electrónico axudas.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo https://sede.xunta.gal

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999.

Artigo 26. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 27. Publicación

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 45.1.b) e 45.3 da Lei 39/2015, os requirimentos de emenda e corrección de erros nas solicitudes, así como as notificacións das resolucións correspondentes, realizaranse mediante publicación no DOG e un anuncio publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. Excepcionalmente, se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web pola notificación individualizada, que se realizará a través do líder da agrupación.

Artigo 28. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada, e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Axencia Galega de Innovación practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.

Artigo 29. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou non se acompaña da documentación exixida, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Este requirimento remitirase exclusivamente ao líder do proxecto que canaliza a relación de todos os participantes coa Axencia Galega de Innovación. Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da solicitude de axuda e/ou da memoria do proxecto por parte do líder da agrupación.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos á comisión de selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán a disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na que se indicarán as causas desta. A inadmisión dun dos membros da agrupación por non reunir algún dos requisitos establecidos na resolución de convocatoria suporá a inadmisión do proxecto.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 30. Comisión de selección

1. A comisión de selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo coa valoración realizada conforme ao procedemento e os criterios establecidos no artigo seguinte.

2. A composición da comisión de selección será a seguinte:

a) O/a director/a da Área de Xestión, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

b) Dous/dúas xefes/as de departamento da Axencia Galega de Innovación, ou persoa/s en quen delegue/n.

c) Un/unha funcionario/a da Axencia Galega de Innovación, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

3. A comisión de selección procederá á selección das solicitudes por orde decrecente de puntuación ata esgotar os créditos dispoñibles, quedando, de ser o caso, como suplentes, aquelas para as que non se dispoña de crédito suficiente pero que acadaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima establecida no artigo seguinte.

4. En caso de empate nas puntuacións das solicitudes, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor do proxecto no que a entidade solicitante teña implantado un plan de igualdade, segundo a declaración responsable que se cubrirá no formulario de solicitude.

5. A comisión de selección emitirá un informe final no que figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponda segundo os criterios recollidos no artigo 31. Así mesmo, indicarase o custo subvencionable e a subvención que corresponde ao proxecto global e a cada unha das empresas da agrupación.

Artigo 31. Criterios de valoración

A valoración de cada proxecto, que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria, realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo a aspectos científico-técnicos e económico-financeiros do proxecto, así como á súa potencialidade para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados, segundo os seguintes criterios de valoración:

1. Excelencia científico-técnica do proxecto: ata 25 puntos.

a) Calidade científico-técnica da proposta e grao de innovación da mesma (máximo 13 puntos).

1) Grao de innovación, novidade (máximo 5 puntos).

2) Grao de coñecemento dos antecedentes e do estado da arte (máximo 2 puntos).

3) Obxectivos do proxecto: concreción e exposición da proposta (máximo 6 puntos).

b) Viabilidade da proposta (máximo 12 puntos).

1) Valoración da metodoloxía (máximo 6 puntos).

2) Planificación proposta para o desenvolvemento do proxecto. Plan de traballo (máximo 3 puntos).

3) Adecuación do número de membros do equipo de investigación de cada membro da agrupación (máximo 3 puntos).

2. Adecuación económico-financeira da agrupación ao desenvolvemento do proxecto: ata 7 puntos.

a) Solvencia financeira dos distintos membros da agrupación (máximo 5 puntos). Para acreditar esta solvencia, cada membro da agrupación achegará unha declaración relativa ao volume de negocio anual, ou ao seu patrimonio neto, ou ben ratio entre activos e pasivos, ao peche do último exercicio económico para o que estea vencida a obriga de aprobación das contas anuais. A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas das Administracións Públicas acreditará as condicións de solvencia económica e financeira do empresario, agás proba en contrario.

b) Xustificación da necesidade e adecuación das distintas partidas nas que se distribúe o orzamento do proxecto entre os diferentes socios (máximo 2 puntos).

3. Avaliación da agrupación do proxecto: ata 22 puntos.

a) Capacidade técnica de cada un dos membros da agrupación para a realización do proxecto: antecedentes de proxectos financiados en convocatorias competitivas, complementariedade dos diferentes membros da agrupación e equilibrio (máximo 6 puntos).

b) Estrutura organizativa do proxecto e mecanismos de xestión e seguimento (capacidade de adaptación ante posibles cambios que poidan producirse no desenvolvemento do proxecto) (máximo 3 puntos).

c) Colaboración con universidades, organismos de investigación, centros hospitalarios, centros tecnolóxicos radicados en Galicia ou con organismos científicos con recoñecemento internacional (máximo 13 puntos). Os proxectos nos que todos os partícipes
subcontraten con estes organismos parte da actividade de investigación valoraranse, como mínimo con 5 puntos.

4. Mercado potencial dos resultados do proxecto: ata 20 puntos.

Analizarase a viabilidade económica do proxecto, en termos de rendibilidade esperada, a través dun estudo económico definido para a comercialización dos resultados de investigación acadados que figurará na memoria do proxecto. Terase en conta:

a) A dimensión do mercado potencial e a estratexia de comercialización dos resultados do proxecto (máximo 9 puntos).

b) A xeración e explotación de patentes e apertura de novos mercados (máximo 5 puntos).

c) A capacidade da agrupación para explotar os resultados que se xeren (máximo 6 puntos).

5. Capacidade de internacionalización dos resultados do proxecto: ata 6 puntos.

Terase en conta a capacidade da agrupación para a apertura de mercados internacionais.

6. Impacto socio-económico do proxecto: ata 20 puntos.

a) Consonancia e adecuación do proxecto aos retos contidos na RIS3 Galicia (máximo 7 puntos).

b) Repercusión do proxecto na actividade empresarial galega. Grao de mobilización do investimento privado (máximo 3 puntos).

c) Xeración de emprego (máximo 6 puntos). Terase en conta o número e a duración dos novos contratos.

d) Outros aspectos (ata 4 puntos):

1) Igualdade de xénero (participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto) (máximo 2 puntos).

2) Implicacións ambientais do proxecto: redución significativa da contaminación ou do consumo enerxético (economía baixa en carbono) (máximo 2 puntos).

De cada proxecto faranse dúas avaliacións realizadas por asesores científicos externos nomeados entre doutores de centros de coñecemento ou profesores de universidade situados fóra de Galicia que sexan especialistas na materia á que o proxecto se refira. Estes asesores avaliarán os apartados 1 a 5 deste artigo. Establecerase un panel de coordinación para unificar os criterios dos avaliadores por áreas.

No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 10 puntos, a nota final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 10 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, un terceiro avaliador externo deberá corrixir a dita puntuación, de xeito que esta quede sempre comprendida entre as notas inferior ou superior outorgadas polos outros dous asesores científicos externos.

O xestor técnico da Axencia Galega de Innovación ao que se lle encomende o proxecto avaliará o punto 6 e emitirá un informe técnico de idoneidade no que se determinará o custo subvencionable do proxecto e a intensidade de axuda que lle corresponde, segundo o establecido no artigo 7.

Deberán absterse de avaliar un proxecto aquelas persoas que estean vinculadas con el por calquera circunstancia, ás que lles son de aplicación, ademais, as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015.

Será requisito necesario para ser subvencionado acadar un mínimo de 50 puntos.

Artigo 32. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas máis que as aducidas polo interesado.

Artigo 33. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obteren a subvención, e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas ou, se é o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. Á vista da proposta formulada, e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas máis que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

a) O título do proxecto e as entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada agrupación e a repartición para cada un dos membros da agrupación.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, a resolución de outorgamento da subvención, que será notificada individualmente ao líder, comprenderá os requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA), no que deberán figurar, como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Que a axuda está cofinanciada con Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014/2020, o que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular o Regulamento (UE) nº 1303/2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

b) Os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda.

c) O plan financeiro e o calendario de execución de indicación do método que debe aplicarse para determinar os custos da operación e as condicións para o pagamento da axuda.

d) Que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das beneficiarias na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

e) Indicación das obrigas de información e publicidade que deberán cumprir nos termos previstos na sección 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e que se especifican no artigo 36 destas bases.

f) Obriga de manter o sistema separado de contabilidade ou un código de contabilidade suficiente para todas as transaccións relacionadas coa operación.

g) Obriga de conservar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación, ou dous anos no caso de operacións con gastos subvencionables iguais ou superiores a 1.000.000 de euros, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. Informarase ao beneficiario da data de comezo deste prazo.

h) Establecer as condicións detalladas para o intercambio electrónico de datos, de ser o caso.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe do investimento subvencionable establecido nestas bases.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no DOG e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 34. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter autorización da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios no proxecto.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte aos obxectivos perseguidos coa axuda, aos seus aspectos fundamentais ou que tiveran sido determinantes para a concesión da axuda, e á determinación do beneficiario, nin dane dereitos de terceiros.

Non obstante, en relación coa determinación do beneficiario, si se poderá autorizar o cambio por outra dunha entidade integrante da agrupación debido á súa situación de insolvencia ou doutras circunstancias económicas que lle impidan afrontar o proxecto, sempre que se motiven suficientemente estas circunstancias, que a nova entidade cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiaria e os demais establecidos na convocatoria, e se comprometa a manter a actividade obxecto da axuda. O líder da agrupación, en ningún caso, poderá ser substituído, dada a súa función de dirección e coordinación do proxecto. A autorización requirirá un informe técnico dalgún dos avaliadores iniciais do proxecto no que se constate a idoneidade da novo beneficiario para garantir a viabilidade do proxecto e que, cando menos, ten unhas condicións equivalentes ao membro da agrupación substituído. Para realizar este informe técnico deberán aplicarse os mesmos criterios que se tiveron en conta para avaliar inicialmente a solicitude.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución das anualidades concedidas, cun límite do 20 % do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzamentada. Esta redistribución deberá ser solicitada antes do 1 de agosto da anualidade afectada.

5. A solicitude de modificación debe formulala o líder da agrupación, coa expresión dos motivos dos cambios que se propoñen e a xustificación da imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

6. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle ao interesado.

Artigo 35. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo IV) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 36. Obrigas das beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no que se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases da convocatoria e na normativa reguladora das subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión e o desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto do incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 75 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma galega e realizar en Galicia as actividades susceptibles de obter axuda por medio desta convocatoria.

h) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación a autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

i) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, os membros da agrupación, os obxectivos do proxecto e os principais avances do proxecto, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación». Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

j) Realizar tres eventos de difusión. O primeiro realizarase no 2018 ao comezo do proxecto para explicar os seus obxectivos, e como máximo 2 meses despois da data de concesión da subvención, que será, en todo caso dentro do ano 2018. Realizarase outro evento de difusión no 2019, e outro no 2020, á finalización do proxecto, para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase como máximo 3 meses despois da finalización do proxecto. Nos tres eventos poñerase de manifesto o apoio do Feder e da Axencia Galega de Innovación ao proxecto.

k) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación á publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:

1) Recoñecer o apoio do Feder á operación, mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo que dá apoio á operación e ao lema «Unha maneira de facer Europa».

2) Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición no seu sitio da internet do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

3) Colocar, nun lugar ben visible para o público como, por exemplo, á entrada dun edificio, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación, e elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

4) No caso de persoal de nova contratación para o proxecto, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao acrónimo do proxecto e a esta convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, o beneficiario deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos.

l) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos, ou dous no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de euros, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación. O órgano concedente informará ao beneficiario da data de inicio á que se refire esta obriga.

m) Destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos no caso de bens inscribibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes extremos de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

n) A empresa líder deberá informar do nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados á actuación 1.2.1.7 que lles sexan de aplicación (para as actuacións 64 e 65: número de empresas subvencionadas para introducir produtos novos para a empresa), ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos.

o) No caso de proxectos seleccionados, por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado dito plan durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 36.m) destas bases reguladoras.

p) Co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos nesta convocatoria, instrumentarase un plan de seguimento ex post dos proxectos subvencionados no marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia. Dito plan estará baseado na recompilación de información sobre os resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias como consecuencia da súa participación nesta convocatoria, así como o seu nivel de satisfacción co instrumento.

Para tales efectos, á finalización do proxecto, as beneficiarias deberán presentar xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, un cuestionario sobre os indicadores de seguimento do proxecto, debidamente cumprimentado. Posteriormente, tratarase dun xeito agregado a información recompilada co fin de avaliar o impacto da convocatoria e elaborar unha análise estatística detallada acerca dos seus principais resultados e efectos.

q) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa ás beneficiarias na resolución de concesión ou no documento no que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 37. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, a empresa líder do proxecto, como representante da agrupación, deberá presentar electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención de todos os socios utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade

Desde a data de presentación da solicitude do líder ata o 30 de setembro de 2018

Segunda anualidade

Desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Terceira anualidade

Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade

Ata o 5 de outubro de 2018

Segunda anualidade

Ata o 5 de outubro de 2019

Terceira anualidade

Ata o 5 de outubro de 2020

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios correspondentes para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, sendo preciso presentar a documentación de xeito ordenado seguindo a orde establecida nas instrucións.

Artigo 38. Documentación xustificativa económica

O líder deberá presentar un resumo global de execución para a totalidade do proxecto e unha carpeta separada por cada un dos membros da agrupación na que conste:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade, de todas as administracións públicas, utilizando o modelo que aparece como anexo VII a esta resolución, e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

b) No caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, certificados acreditativos de estar ao día.

c) Un resumo da execución do proxecto no que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gasto.

d) En su caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzamentadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia.

e) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

f) Documentación xustificativa do pagamento: copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica, sempre que conten co selo do banco. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, que deberán ser o emisor da factura e o beneficiario da axuda, respectivamente, e o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable en ningunha medida.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, este deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán aqueles documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto ás que corresponden.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, acompañarase dunha relación detallada delas na que se poida apreciar que o pagamento corresponde coas ditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario achegar o correspondente extracto bancario, acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante un recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados consonte o establecido nos parágrafos anteriores.

g) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá achegarse:

1) Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace do xerente ou director da empresa, que consistirá nunha relación detallada por traballador do persoal dedicado ao proxecto, e que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social), grupo de cotización polo que está contratado, titulación e porcentaxe de dedicación. Nesta certificación deberá figurar a sinatura do xefe técnico de proxecto e a sinatura do traballador. No anexo IX establécense os custos máximos por grupos de cotización.

2) Xustificación da comunicación por escrito ao traballador de que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder.

3) Informe de vida laboral de cada empresa integrante da agrupación referida á data de finalización do prazo de xustificación, e que comprenda toda a anualidade.

No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación. Para o persoal de nova contratación deberá achegarse a copia do contrato no que poida verificarse a exclusividade ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica (esta só no caso de que denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para facer a súa consulta, utilizando o modelo (anexo XI) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación
http://gain.xunta.gal.)

4) Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia na que se detallen os distintos traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

5) Declaración asinada polo responsable de persoal da empresa cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades do proxecto, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios.

6) Boletíns de cotización á Seguridade Social e copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel dos seus xustificantes de pagamento.

No caso de traballadores autónomos, deberanse achegar as nóminas e os xustificantes bancarios do seu pagamento, así como xustificantes de pagamento das cotas á Seguridade Social.

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou as cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de presentación da documentación xustificativa establecida na convocatoria.

7) Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración pública ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo (anexo VIII) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

h) Tres ofertas de diferentes provedores cando o importe do gasto subvencionable, no caso de adquisición de bens de equipo e contratación de servizos ou subministracións e materiais, iguale ou supere os 15.000 euros no global do proxecto cun mesmo provedor. Cando polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren, deberá achegarse unha xustificación de tal circunstancia. Se a elección non tivese recaído na proposta económica máis vantaxosa, deberá achegarse unha memoria xustificativa.

i) Declaración asinada polo representante legal, de cada membro da agrupación, na que se detalle o cadro de amortización de cada equipo incluído no seu orzamento calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como o informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, a esta documentación deberán xuntarse os estados contables da empresa e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

j) No caso de aluguer ou leasing será necesario achegar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

k) No caso das subcontratacións deberá achegarse a seguinte documentación:

1) Factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario na que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán estar desagregadas e especificar o título do proxecto financiado.

2) Xustificantes de pagamento da factura da subcontratación.

3) Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no proxecto, na que se debe incluír unha relación das persoas que participaron no proxecto, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas nel e a porcentaxe de dedicación ao proxecto.

Artigo 39. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica das actividades desenvolvidas será única para todos os membros da agrupación e responsabilidade do líder, e constará de:

a) Informe técnico normalizado, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

b) Memoria redactada en formato libre sobre a evolución do proxecto, na que deberá incluírse a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 36.

Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas no artigo 23 da convocatoria, de conformidade co Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o Regulamento de execución (UE) nº 821/2014.

Tanto o informe técnico como a memoria deberán presentarse en formato pdf e en soporte electrónico.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a empresa representante da agrupación non presenta a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 40. Pagamento

1. O pagamento farase efectivo, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto, sen necesidade de achegar ningún tipo de garantías.

2. O pagamento efectuarase a cada un dos membros da agrupación de empresas que participan no proxecto.

3. Antes de proceder ao pagamento final da subvención, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención, sendo obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación a todos os membros da agrupación. Tras esta visita efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe no que se indique o grao de cumprimento, e se este foi:

a) Excelente.

b) Positivo.

c) Negativo, se non se acadan as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto inicial por un baixo desempeño ou deficiente organización. Neste caso deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento de cada empresa participante da agrupación.

Artigo 41. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobro da subvención o incumprimento do beneficiario da súa obriga de estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese abonado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 42. Causas de reintegro

A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para o que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 36 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) O incumprimento dos prazos de mantemento da actividade, do emprego ou do investimento, así como do plan de igualdade do centro, no caso da aplicación como criterio de desempate, de acordo co establecido no artigo 36 destas bases.

g) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 43. Graduación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

2. Tratándose de condicións referentes á contía do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, minorándose a subvención proporcionalmente.

3. Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) No suposto de que o custo total do proxecto finalmente xustificado fose inferior ao orzamento mínimo subvencionable (500.000 euros) reducirase a intensidade da axuda a cada un dos membros da agrupación aplicando o seguinte factor de corrección:
Fc = 1 - X2/2500, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente por algunha entidade beneficiaria fose inferior a 75.000 euros, tamén se reducirá a intensidade da axuda aplicando o factor de corrección Fc = 1- X2/2500, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por esta entidade beneficiaria sobre o custo que lle foi concedido.

c) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 31.3.c) fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc = 1 - X2/2500, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

d) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o seguinte factor de corrección: Fc = 1- X2/2500, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

e) Se se tivese incumprido a obriga de dar publicidade ao financiamento do proxecto, consonte o establecido no artigo 36.i), j) e k) desta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

f) Se se tivesen incumprido as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. Nos casos nos que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase na última anualidade, e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase á entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación de expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

4. Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

Artigo 44. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 42 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme ao previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, ás beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 45. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro anos.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento no que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no punto 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No suposto de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora durante un período determinado de tempo, desde o momento no que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal, ou pola presentación de denuncia ante o ministerio fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario ou da entidade colaboradora conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 46. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento, ás beneficiarias, as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento do proxecto, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se na obrigatoria actividade de inspección previa ao pagamento final da subvención se constatase unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, propoñerá o reintegro da subvención concedida. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia Galega de Innovación, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar ao líder, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

5. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (en diante, DL 1/1999), e a súa normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 75 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 47. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no DOG a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 48. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte no que se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 49. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do cofinanciamento pola Unión Europea, e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

b) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006.

c) Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

Supletoriamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V
Índice da memoria técnica

1. Contido tecnolóxico do proxecto (extensión recomendada 20-25 páxinas) incluíndo:

1.1. Obxectivos (máximo 8 páxinas):

– Obxectivos xerais e técnicos do proxecto.

– Antecedentes e estado do arte nacional e internacional. Xustificación da novidade que supón con respecto a estes antecedentes.

– Xustificación da necesidade de abordar o proxecto.

– Posibles proxectos futuros que poderían derivarse.

1.2. descrición técnica (máximo 8 páxinas):

– Descrición do plan de traballo.

a) Identificación e descrición das principais fases/actividades técnicas do proxecto (paquetes de traballo con tarefas e subtarefas asociadas) indicando para cada unha: os seus obxectivos científico-técnicos específicos, as entidades participantes, os resultados esperados e o seu orzamento.

Nota: de cara a garantir unha adecuada xestión do proxecto non se recomenda a definición dun número elevado de fases (ex. máis de 6).

b) Cronograma das fases/actividades previstas (Gantt, PERT). Metodoloxía de execución das distintas tarefas e subtarefas descritas indicando a súa interrelación.

– Descrición da capacidade técnica dos membros do equipo tendo en conta os seus CV.

– Outros: como por exemplo aspectos relacionados ca propiedade industrial e/ou intelectual, tanto desde a perspectiva de base tecnolóxica, de partida necesaria para o desenvolvemento do proxecto, como de xeración de novas patentes ou modelos de utilidade derivados do mesmo.

1.3. Orzamento e adecuación económico-financeira da agrupación ao desenvolvemento do proxecto (máximo 4 páxinas por socio):

– Xustificación das distintas partidas nas que se distribúe o orzamento do proxecto entre os diferentes socios:

– Descrición dos aparatos e equipos de investigación a adquirir, dos materiais, das subcontratacións e doutro tipo de colaboracións técnicas, así como dos custos de persoal e de xestión (soamente no caso do coordinador), xustificando a súa necesidade.

– Xustificación da solvencia financeira de cada socio da agrupación para asumir a execución do seu orzamento no proxecto.

2. Descrición da agrupación (máximo 10 páxinas e 3 por socio):

2.1. Descrición de cada un dos diferentes membros da agrupación indicando para cada un:

– Breve historial da entidade.

– Capacidade industrial e comercial da empresa: medios produtivos dispoñibles, produtos/servizos que comercializa e breve descrición da súa organización comercial e do seu posicionamento no mercado.

– Medios materiais e instalacións de I+D que utilizará no proxecto.

– Relación de proxectos de I+D relacionados levados a cabo previamente pola empresa e cuxos resultados son útiles para o desenvolvemento das tarefas do proxecto que se solicita.

2.2 Xustificación da complementariedade dos distintos socios para a execución das diversas fases/actividades do proxecto.

2.3. Descrición da estrutura organizativa do proxecto. Mecanismos de control e seguimento do desenvolvemento das actividades de cada socio. Plan de continxencias.

3. Mercado potencial do proxecto (máximo 8 páxinas):

Analizarase a viabilidade económica do proxecto, en termos de rendibilidade esperada, a través da descrición do mercado potencial e do plan de negocio definido para a comercialización dos resultados de investigación acadados. Incluirase:

– Definición dos novos produtos, procesos ou servizos resultantes do proxecto indicando a súa adecuación as necesidades do mercado detectadas e as principais diferenzas respecto a competencia.

– Análise dos mercados potencias.

– Descrición da estratexia de comercialización dos produtos ou servizos obtidos. Xustificación da adecuación dos socios da agrupación para a explotación comercial do proxecto.

No plan de negocio poderá incluírse a conta de resultados do proxecto e indicadores do tipo VAN (valor actual neto), TIR (taxa interna de retorno) ou saldo de tesouraría acumulado do proxecto.

4. Capacidade de internacionalización (máximo 8 páxinas e 2 páxinas por socio):

Debendo incluírse:

– Descrición da presenza das empresas participantes en mercados internacionais. Indicar para cada membro: volume de exportacións e os posibles acordos comerciais internacionais de que dispoña.

– Xustificación do impacto potencial do proxecto en mercados internacionais.

– Descrición da experiencia previa dos membros da agrupación en programas internacionais de cooperación en I+D, así como perspectivas futuras de participación nos mesmos.

5. Impacto socio-económico do proxecto:

– Xustificación da contribución do proxecto ao desenvolvemento de áreas estratéxicas para Galicia.

– Xustificación da repercusión do proxecto na actividade empresarial galega, contribución ao fortalecemento do tecido empresarial en Galicia. Capacidade de arrastre ou mobilización do investimento privado.

– Impacto do proxecto en termos de creación de emprego, especialmente emprego cualificado.

– Participación equilibrada de mulleres no desenvolvemento do proxecto.

– Implicacións ambientais do proxecto.

ANEXO VI
Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de especialización intelixente
de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia)

• Reto 1: xestión innovadora de recursos naturais e culturais.

Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan no melloramento da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

Prioridades asociadas:

1. Valorización dos subprodutos e residuos xerados polas cadeas de produción vencelladas ao mar mediante a súa utilización como compoñentes de produtos cosméticos, aditivos alimentarios, aplicación farmacolóxicas, para conseguir unha diminución significativa nos residuos xerados e acadar un posicionamento nos mercados de produtos innovadores con alto valor engadido. [Valorización-Mar].

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose arredor dos seguintes obxectivos específicos:

– Loxística da concentración, recollida e transporte de subprodutos e residuos ligados a actividades dos sectores primarios vencellados ao mar.

– Aplicación de residuos e subprodutos na produción de biocombustibles.

– Novas aplicacións para a valorización destes residuos (como compoñentes de produtos cosméticos, aditivos alimentarios e aplicacións farmacolóxicas, etc.) a partir de subprodutos e descartes da actividade pesqueira.

– Novas actividades e modelos de negocio de servizos relacionadas con estas novas aplicacións.

– Mellora significativa nun contexto global da produción ou comercialización de bens ou servizos asociados aos usos actuais dos residuos e subprodutos ligados ás actividades do sector primario.

– Mellora da capacidade de absorción de coñecemento nas empresas, en particular das pemes, orientado ao desenvolvemento endóxeno e colaborativo das actividades de innovación recollidas nesta epígrafe.

– Calquera outra que mellore a competitividade do sector e fomente a creación de emprego.

2. Desenvolvemento do sector acuícola galego para converter a rexión en referente internacional na xeración de novos produtos e servizos de base tecnolóxica aplicados á acuicultura. [Acuicultura].

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva artellándose arredor de tres grandes áreas de actuación:

– Potenciar a diversificación con actuacións nos seguintes eidos: biodiversidade, sistemas produtivos (instalación de tecnoloxías de cultivo) e comercialización (produtos e presentacións).

– Reforzamento da capacidade de absorción de coñecemento das estruturas produtivas para emprego da biotecnoloxía como vector para acadar unha maior eficiencia produtiva e enerxética nas distintas fases dos cultivos; na optimización do uso da auga e xestión dos residuos da produción, na alimentación e na loita contra as patoloxías.

– Mellora da comercialización e trazabilidade. Co apoio de ferramentas TIC potenciar a imaxe de marca e incrementar o valor engadido aportando información da calidade alimentaria, trazabilidade de produto, das garantías hixiénico-sanitarias e, en definitiva da seguridade alimentaria dos produtos procedentes da acuicultura.

– Calquera outra iniciativa que contribúa á mellora da competitividade do sector e fomente a creación de emprego estable e de calidade.

– Modernización dos sectores.

3. Diversificación do sector enerxético galego para acadar un melloramento significativo da eficiencia no aproveitamento de recursos naturais galegos priorizando a biomasa e a enerxía mariña. [Biomasa e Enerxías Mariñas].

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, de aí que se promoveran neste eido iniciativas de investigación, desenvolvemento e innovación en equipos, técnicas e tecnoloxías tanto de explotación e aproveitamento da biomasa como da propia produción de combustibles, entre as que se poden salientar:

– Técnicas de explotación e aproveitamento forestal, innovando na maquinaria de recollida e tratamento de biomasa;

– Procesos asociados á fabricación e loxística de distribución de combustibles.

– Caldeiras de alta eficiencia e policombustibles.

– Gasificación de biomasa.

– Microcoxeración con biomasa.

– Calquera outra área de mellora que permita mellorar a competitividade do sector e xerar emprego.

Por outra banda, Galicia presenta unhas condicións naturais excelentes para a explotación das enerxías procedentes do mar, e conta cun tecido industrial forte en tecnoloxías navais que podería atopar neste eido unha senda de diversificación cara a un novo nicho de mercado.

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, de aí que se apoiará o desenvolvemento de tecnoloxías asociadas ao aproveitamento enerxético do medio mariño (concretamente a enerxía das olas ou undimotriz, a das correntes mariñas e a eólica off-shore) o que permitirá aproveitar as sinerxías de coñecemento e capacitación doutros sectores galegos coma o naval, e o eléctrico, para a súa exportación aqueles países onde o aproveitamento enerxético é una oportunidade de negocio e calquera outra área de mellora que permita mellorar a competitividade e xerar emprego.

4. Modernización dos sectores primarios galegos (agricultura, pesca, gandería e forestal) cara á mellora sustentable dos indicadores de eficiencia e rendibilidade das explotacións e á xeración de produtos e servizos innovadores. [Modernización Sectores Primarios]

As áreas de mellora relacionadas con esta prioridade deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose principalmente ao redor de innovacións para optimizar o uso dos recursos (fertilizantes, concentrados, fitosanitarios, auga, enerxía, xenética ou poboación mariña), ampliar a base territorial das explotacións, mellorar a súa xestión económica, crear novos produtos e canles de comercialización, reducir e controlar os riscos ambientais e mellorar a eficiencia enerxética, avanzar na loita integrada de pragas e o control de enfermidades; reducir a contaminación das augas e do aire polos gases de efecto invernadoiro y protección e explotación sustentable de recursos hídricos (rías e continentais). Así mesmo, de forma transversal, realizaranse actuacións de conservación, reposición e restauración do ambiente e o equilibrio territorial, que contribúan a mellora, valorización e modernización dos recursos naturais e dos seus aproveitamentos.

5. Modernización do sector turismo e das industrias culturais galegas a través do uso intensivo das TIC para acadar un sector turístico competitivo a nivel Europeo baseado no turismo cultural e nos recursos naturais. [TIC-Turismo].

Para acadar este obxectivo, as áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose arredor de tres grandes áreas de actuación:

– Dotar de contidos innovadores mediante a aplicación das TIC e o fomento das ICC en todos os recursos dispoñibles na nosa Comunidade: patrimonio, cultura, gastronomía, natureza, etc., respondendo así a unha demanda cada vez máis exixente e especializada.

– Fomentaranse iniciativas que desde o ámbito da tecnoloxía e da creatividade permitan xerar novos produtos turísticos e novas actividades económicas de dimensión internacional, xogando as administracións un papel de facilitador e provedor de contornos adecuados para este desenvolvemento por parte das empresas.

– Aumentar as canles de comercialización e a competencia apostando pola venda directa sen intermediarios turísticos e eliminando trabas á libre competencia.

– E, en xeral, calquera outra área de mellora susceptible de mellorar a competitividade e a xeración de emprego no sector turístico galego.

• Reto 2: o modelo industrial da Galicia do futuro.

Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais.

Prioridades asociadas:

1. Diversificación en sectores tractores galegos e os seus sectores auxiliares a través dun uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras [TFE], orientado ao fornecemento de novos procesos e produtos de alto valor engadido que permitan explorar novos mercados baseados na hibridación, no coñecemento e na tecnoloxía. [Diversificación Sectores Tractores].

Para acadar os obxectivos desta prioridade, as áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva artellándose arredor de catro grandes áreas de actuación:

– Desenvolvemento de estratexias baseadas na diferenciación mediante o deseño e a innovación de produto incorporando o uso de materiais intelixentes aplicados á industria do transporte ou ao sector téxtil.

– Diversificación de industrias tradicionais vencelladas tradicionalmente a sectores tractores, como é o caso do sector do Metal galego moi ligado ao naval e á automoción, cara a actividades de alta tecnoloxía, por exemplo como provedores do sector aeronáutico e aeroespacial.

– Desenvolvemento de dinámicas de innovación colaborativas empresa-investigación-administración, potenciando a capacidade de proxección tecnolóxica e comercialización a nivel internacional, por exemplo, nos eidos vencellados coas necesidades chave da Administración pública.

– E, en xeral, calquera outra área de mellora susceptible de incrementar a competitividade e a xeración de emprego nos sectores tractores galegos.

2. Potenciar a competitividade do sector industrial galego a través da optimización de procesos produtivos baixo o concepto de «Fábrica do Futuro» e a través da Eco-innovación para a mellora da eficiencia e do comportamento medioambiental na industria. [Competitividade Sector Industrial].

Para iso se definen como obxectivos específicos:

– Tecnoloxías de proceso: a fábrica do futuro. Potenciar a innovación en tecnoloxías relacionadas coa simulación nos procesos produtivos dos sectores industriais galegos para facelos máis eficientes e mellorar a súa produtividade como garante de competitividade a nivel internacional.

– Tecnoloxías limpas: eco-innovación. É indubidable a importancia que os procesos industriais produtivos teñen na nosa sociedade e as implicacións de carácter ambiental que os mesmos entrañan, por isto un dos obxectivos desta Prioridade é apoiar a transformación dos modelos produtivos cara a unha produción máis eco-innovadora e eficiente orientada á optimización de procesos e á xeración de produtos baseados en coñecemento respectuosos co ambiente.

– E, en xeral, calquera outra medida susceptible de mellorar a competitividade e a xeración de emprego nos sectores industriais galegos.

3. Impulso das TIC como sector tractor da economía do coñecemento en Galicia, ao igual que outras tecnoloxías facilitadoras esenciais (TFE). [Economía do Coñecemento: [TIC e TFE].

Nesta prioridade deberán implicarse todos os axentes do ecosistema de innovación rexionais para a consolidación eficiente dun sector tecnolóxico auxiliar cunha dobre perspectiva:

– Impulso dun sector competitivo, innovador e xerador de emprego cualificado capaz de facer fronte aos retos da nova economía do coñecemento.

– Fortalecemento dun sector tecnolóxico integrador que actúe non só como provedor auxiliar aos sectores estratéxicos de Galicia, senón tamén como elemento tractor debido a súa compoñente transversal.

• Reto 3: novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo.

Posicionar a Galicia para o ano 2020 como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.

Prioridades asociadas:

1. Galicia como rexión líder no sur de Europa na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito do envellecemento activo e a vida saudable e na promoción da autonomía persoal. [Envellecemento Activo].

As actividades principais vencelladas a esta prioridade centraranse en:

– Reforzar as áreas de xeración de coñecemento relacionadas con esta prioridade nas que Galicia acredita unha capacidade competitiva internacional.

– Propiciar un ambiente axeitado para o florecemento de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica capaces de valorizar o coñecemento xerado en Galicia atendendo as demandas tecnolóxicas do ecosistema socio-sanitario.

– Consolidar o desenvolvemento e comercialización de novos produtos ou servizos no ámbito das TIC vencellados ao envellecemento activo e á vida saudable.

– Apoiar o desenvolvemento e a introdución nos mercados de novos produtos ou servizos biotecnolóxicos de alto valor engadido dirixidos, sobre todo, á industria farmacéutica e biotecnolóxica.

– Apoiar o desenvolvemento e comercialización de novos produtos intensivos en coñecemento baseados na valorización do potencial do termalismo e das actividades deportivas para usos terapéuticos e promoción da autonomía persoal.

– Potenciar calquera outra área de mellora que poida contribuír á xeración de novos nichos de mercado e emprego estable e de calidade, asociado ás actividades económicas comprendidas nesta prioridade, a través dun uso intensivo do coñecemento e a tecnoloxía.

2. Diversificación do sector alimentario galego para posicionalo como referente internacional ao redor da innovación en nutrición como elemento chave para unha vida saudable. [Alimentación e Nutrición].

Para acadar os obxectivos desta prioridade, as áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva artellándose arredor das seguintes grandes áreas de actuación:

– Apoio á xeración de valor engadido a través da consolidación dunha estrutura produtiva e de investigación artellada en torno á nutrición, aos alimentos funcionais, nutracéuticos, á alimentación adaptada para etapas e condicións da vida como a terceira idade ou a obesidade, alimentación saudable para patoloxías específicas como a diabetes, a hipertensión e en xeral aos hábitos de vida saudable vencellados á alimentación.

– Apoio tamén á mellora de procesos de produción, apoiado no uso das TIC que permitan o seguimento integral da cadea produtiva-extractiva (trazabilidade), para garantir a seguridade e calidade dos produtos e a confianza do consumidor.

– Apoio ao desenvolvemento de proxectos de colaboración público-privada en Galicia, fomentado o cambio nun sector tradicional con potencial innovador non explotado e aproveitando a sólida base académica e institucional.

– Potenciarase calquera outra área de mellora que poida contribuír á xeración de novos nichos de mercado e emprego estable e de calidade neste sector tan relevante na nosa comunidade.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX
Custos máximos por grupo de cotización

Grupo de cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual

(soldo bruto + Seguridade Social a cargo da empresa)

1

Enxeñeiros/licenciados/persoal de alta dirección

45.000 €

2

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados/diplomados

39.375 €

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

31.500 €

4

Axudantes non titulados

25.875 €

5

Oficiais administrativos

25.875 €

6

Subalternos

25.875 €

7

Auxiliares administrativos

25.875 €

8

Oficiais de primeira e segunda

20.250 €

9

Resto de oficiais

20.250 €

10

Peóns

20.250 €

11

Traballadores menores de 18 anos

20.250 €

Fonte: Seguridade Social

ANEXO X
Declaración relativa á condición de peme

Identificación precisa da empresa

Nome ou razón social: .........................................................................................................................

Domicilio social: ...................................................................................................................................

Nº de rexistro ou de IVE1: ....................................................................................................................

Nome e cargo do/s principal/is directivos2: .......................................................................................…

Tipo de empresa (vexa a nota explicativa).

Indíquese cunha ou varias cruces a situación da empresa solicitante:

□ Empresa autónoma

(Neste caso os datos indicados a continuación proceden unicamente das contas da empresa solicitante. Cubra só a declaración, sen anexo).

□ Empresa asociada

□ Empresa vinculada

(Cubra e engada o anexo e, de ser o caso, as fichas suplementarias; a continuación complete a declaración trasladando o resultado do cálculo de abaixo).

Datos para determinar a categoría da empresa

Calcularanse segundo o artigo 6 do anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre la definición de pequenas e medianas empresas.

Período de referencia (*):

Efectivos (UTA)

Volume de negocios

Balance xeral (**)

(*) Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pechasen aínda as súas contas, utilizaranse datos baseados nas estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro.

(**) En miles de euros

Importante: hai un cambio de datos con respecto ao exercicio contable anterior que podería carrear o cambio de categoría da empresa solicitante (microempresa, pequena, mediana ou grande empresa).

□ Non

□ Si (neste, cubra e engada unha declaración relativa ao exercicio anterior3)

Sinatura

Nome e cargo do asinante, facultado para representar á empresa: ..................................................

Declaro polo meu honor que a presente declaración e os seus posibles anexos son exactos.

Feito en ..................................................., o ......................................................................................

Sinatura:

1 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

2 Presidente, director xeral ou equivalente.

3 Apartado 2 do artigo 4 da definición no anexo á Recomendación 2003/361/CE da Comisión.

• Nota explicativa relativa aos tipos de empresas considerados para calcular os efectivos e os importes financeiros.

I. Tipos de empresas.

A definición de peme1 distingue tres tipos de empresa en función do tipo de relación que mantén con outras empresas respecto de participación no capital, dereitos de voto ou dereito a exercer unha influencia dominante2.

Tipo 1: empresa autónoma.

É, con diferenza, o caso máis frecuente. Abarca todas as empresas que non pertencen a ningunha dos outros dous tipos (asociadas ou vinculadas).

A empresa solicitante é autónoma se:

– Non posúe unha participación igual ou superior ao 25 %3 noutra empresa.

– O 25 %3 ou máis desta non é propiedade directa doutra empresa ou organismo público nin de varias empresas vinculadas entre si ou varios organismos públicos, salvo determinadas excepcións4.

– E non elabora contas consolidadas nin está incluída nas contas dunha empresa que elabore contas consolidadas, e por tanto, non é unha empresa vinculada5.

Tipo 2: empresa asociada.

Este tipo está constituído polas empresas que manteñen lazos significativos de asociación financeira con outras empresas, sen que ningunha exerza, directa ou indirectamente, un control efectivo sobre a outra. Son asociadas as empresas que nin son autónomas nin están vinculadas entre si.

A empresa solicitante é asociada doutra empresa se:

– Posúe unha participación comprendida entre o 25 %3 e o 50 %3 da devandita empresa.

– Ou se dita empresa pasee unha participación comprendida entre o 25 %3 e o 50 %3 da empresa solicitante.

– E a empresa solicitante non elabora contas consolidadas que inclúan á devandita empresa por consolidación, nin está incluída por consolidación nas contas da devandita empresa nin nas de ningunha empresa vinculada a ela5.

Tipo 3: empresa vinculada.

Este tipo corresponde á situación económica das empresas que forman parte dun grupo que controla, directa ou indirectamente, a maioría do seu capital ou dereitos de voto (aínda que sexa a través de acordos ou de persoas físicas accionistas), ou que pode exercer unha influencia dominante sobre a empresa. Son casos menos habituais que en xeral se diferencian claramente dos dous tipos anteriores.

Para evitar dificultades de interpretación ás empresas, a Comisión Europea ha definido este tipo de empresas utilizando, cando se adapten ao obxecto da definición, as condicións incluídas no artigo 1 da Directiva 83/349 CEE do Consello, do 13 de xuño de 1983, baseada na letra g) do punto 3 do artigo 54 do Tratado, relativa ás contas consolidadas6, que se aplica desde hai anos.

Por tanto, unha empresa sabe, polo xeral, de forma inmediata se está vinculada, en tanto que xa está suxeita á obrigación de elaborar contas consolidadas en virtude da dita Directiva ou está incluída por consolidación nas contas dunha empresa obrigada a elaborar contas consolidadas.

Os dous únicos casos, aínda que pouco frecuentes, nos cales unha empresa pode considerarse vinculada sen estar obrigada a elaborar contas consolidadas descríbense nos dous primeiros guións da nota nº 5 ao final da presente nota explicativa. Neste caso, a empresa debe verificar se cumpre algunha das condicións especificadas no apartado 3 do artigo 3 da definición.

II. Os efectivos e unidades de traballo anual7.

Os efectivos dunha empresa corresponden ao número de unidades de traballo anual (UTA).

Quen se inclúe nos efectivos?

– Os asalariados da empresa.

– As persoas que traballan para a empresa que manteñan unha relación de subordinación coa mesma e estean asimiladas aos asalariados con arranxo á lexislación nacional.

– Os propietarios que dirixen a súa empresa.

– Os socios que exerzan unha actividade regular na empresa e gocen de vantaxes financeiras por parte da empresa.

Os aprendices ou alumnos de formación profesional con contrato de aprendizaxe ou formación profesional non se contabilizarán dentro dos efectivos.

Modo de calcular os efectivos:

Unha UTA corresponde a unha persoa que traballase na empresa ou por conta da mesma a xornada completa durante todo o ano de que se trate. Os efectivos contabilízanse en UTA.

O traballo das persoas que non traballasen todo o ano ou o fixeran a tempo parcial, independentemente da súa duración, así como o traballo estacional, contabilízase en fraccións de UTA.

Non se contabiliza a duración dos permisos de maternidade ou permisos parentais.

1 No presente texto, o termo «definición» refírese ao anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

2 Artigo 3 da definición.

3 En termos de participación de capital ou dereitos de voto, terase en conta o maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe engadirase a porcentaxe de participación que calquera outra empresa vinculada á empresa accionista posúa sobre a empresa en cuestión (apartado 2 do artigo 3 da definición).

4 Unha empresa pode seguir sendo considerada autónoma aínda que se alcance ou se supere este límite do 25 % cando corresponda a algún dos tipos de investidores que se indican a continuación (sempre que os investidores non sexan empresas vinculadas a empresa solicitante):

a) Sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco, persoas físicas ou grupos de persoas físicas que realicen unha actividade regular de investimento en capital risco (investidores providenciais ou business angels) e invistan fondos propios en empresas sen cotización bolsista, a condición de que o investimento de dicha business angels na mesma empresa non supere 1.250.000 euros;

b) Universidades ou centros de investigación sen fins lucrativos;

c) Investidores institucionais, incluídos os fondos de desenvolvemento rexional.

(Segundo parágrafo do apartado 2 do artigo 3 da definición).

5 Se o domicilio social da empresa está situado nun Estado membro que previu unha excepción a obrigación de elaborar a devanditas contas, con arranxo a sétima Directiva 83/349/CEE, a empresa debe verificar especificamente que non cumpre ningunha das condicións establecidas no apartado 3 do artigo 3 da definición.

Nalgúns casos pouco frecuentes, unha empresa pode estar vinculada a outra a través dunha persoa ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo (apartado 3 do artigo 3 da definición).

Á inversa, pode darse o caso, moi pouco habitual, de que unha empresa elabore voluntariamente contas consolidadas sen estar suxeita a iso segundo a sétima directiva. Neste caso hipotético, a empresa non está necesariamente vinculada, e pode considerarse só asociada. Para determinar se unha empresa está vinculada ou non, debe verificarse, para cada unha das tres situacións mencionadas, se cumpre algunha das condicións establecidas no apartado 3 do artigo 3 da definición, no seu caso a través dunha persoa ou grupo de persoas físicas que actúen de común acordo.

6 DO L 193, do 18.7.1983, p. 1, cuxa última modificación a constitúe a Directiva 2001/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello (DO L 283, do 27.10.2001, p. 28).

7 Artigo 5 da definición.

• Anexo da declaración.

Cálculo no caso dunha empresa asociada ou vinculada.

Anexos que han de achegarse, segundo proceda:

– Anexo A se a empresa ten unha ou varias empresas asociadas (e, se é o caso, fichas suplementarias).

– Anexo B se a empresa ten unha ou varias empresas vinculadas (e, se é o caso, fichas suplementarias).

Cálculo dos datos dunha empresa vinculada ou asociada1 (véxase a nota explicativa).

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocios (*)

Balance xeral (*)

1. Datos2 da empresa solicitante ou ben das contas consolidadas [datos do cadro B(1) do anexo B]

2. Datos2 agregados proporcionalmente de todas as (posibles) empresas asociadas (datos do cadro A do anexo A)

3. Suma dos datos2 de todas as (posibles) empresas vinculadas non incluídas por consolidación na liña 1 [datos do cadro B(2) do anexo B]

Total

(*) En miles de euros.

1 Puntos 2 e 3 do artigo da definición.

2 Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual en empresas de nova creación que non pecharon aínda as súas contas, utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro (artigo 4 da definición).

3 Os datos da empresa, incluídos os efectivos, determínanse con arranxo ás contas e demais datos da empresa ou, no seu caso, das contas consolidadas da empresa ou as contas consolidadas nas que esta está incluída por consolidación.

Os resultados da liña «Total» han de trasladarse ao cadro destinado aos «datos para determinar a categoría de empresa», da declaración.

ANEXO A
Empresa de tipo «asociada»

Para cada empresa para a que se cumprimente unha «ficha de asociación» [unha ficha para cada empresa asociada á empresa solicitante e para as empresas asociadas ás posibles empresas vinculadas cuxos datos aínda non se teñan recollidos nas contas consolidadas1]. Os datos do «cadro de asociación» de que se trate trasladaranse ao cadro recapitulativo seguinte:

Cadro A.

Empresa asociada (complétese co nome e a identificación)

Efectivos (UTA)

Volume de negocios (*)

Balance xeral (*)

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

8.

9.

10.

Total

(*) En miles de euros

(En caso necesario, engádanse páxinas ou amplíese o cadro).

Lembre: estes datos son o resultado dun cálculo proporcional efectuado na «ficha de asociación» cumprimentada para cada empresa asociada directa ou indirecta.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 2 (relativa ás empresas asociadas) do cadro do anexo da declaración.

1 Se os datos relativos a unha empresa recóllense nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior ao determinado no punto 2 do artigo 6, é conveniente, con todo, aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo parágrafo do punto 3 do artigo 6 da definición).

Ficha de asociación

1. Identificación precisa da empresa asociada.

Nome ou razón social: ....................................................................................................................….

Domicilio social: ............................................................................................................…...................

Nº de rexistro ou do IVE 1: ...............................................................................................................….

Nome e cargo do/dos principal/is directivos 2: ...................................................….........................….

2. Datos brutos da devandita empresa asociada.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocios (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros

Lembre: estes datos brutos son o resultado das contas e demais datos da empresa asociada. Se é o caso consolidados, aos que se engade o 100 % dos datos das empresas vinculadas á mesma, salvo se os datos das devanditas empresas xa están incluídos por consolidación na contabilidade da empresa asociada3. Se resulta necesario, engádanse, fichas de vinculación» para as empresas vinculadas non incluídas por consolidación.

3. Cálculo proporcional.

a) Indíquese exactamente a porcentaxe de participación4 que posúe a empresa declarante (ou a empresa vinculada a través da que se establece a relación coa empresa asociada) na empresa asociada obxecto da presente ficha:

.......................................................................................................….........................…...….......................................................................................................................................................................….

Indíquese a porcentaxe de participación que posúe a empresa asociada obxecto da presente ficha na empresa declarante (ou na empresa vinculada):

....................................................................................................…............................…...….......................................................................................................................................................................….

b) Selecciónese a maior de ambas as porcentaxes e aplíquese aos datos brutos indicados no cadro anterior. Trasládense os resultados do devandito cálculo proporcional ao cadro seguinte:

Cadro de asociación

Porcentaxe

Efectivos (UTA)

Volume de negocios (*)

Balance xeral (*)

Resultados proporcionais

(*) En miles de euros

Estes datos deberán trasladarse ao cadro A do anexo A.

1 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

2 Presidente, director xeral ou equivalente.

3 Primeiro parágrafo do punto 3 do artigo 6 da definición.

4 Polo que respecta a participación no capital ou dereitos de voto, terase en conta o maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe debe engadírselle a porcentaxe de participación que calquera empresa vinculada posúa da empresa en cuestión (primeiro parágrafo do punto 2 do artigo 3 da definición).

ANEXO B
Empresas vinculadas

A. Determinar o caso no que se atopa a empresa solicitante.

□ Caso 1: a empresa solicitante elabora contas consolidadas ou está incluída nas contas consolidadas doutra empresa vinculada [cadro B(1)].

□ Caso 2: a empresa solicitante ou unha ou varias empresas vinculadas non elaboran contas consolidadas ou non se inclúen por consolidación [cadro B(2)].

Lembre: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos. Se é o caso consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas por consolidación1.

B. Métodos de cálculo para cada caso.

No caso 1: as contas consolidadas serven de base de cálculo. Cumpriméntese a continuación o cadro B(1).

Cadro B(1)

Efectivos (UTA)(*)

Volume de negocios(**)

Balance xeral(**)

Total

(*) Cando nas contas consolidadas non figuren os efectivos, o cálculo do mesmo realizarase mediante a suma dos efectivos de todas as empresas ás que estea vinculada.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 1 do cadro do anexo da declaración.

Identificación das empresas incluídas por consolidación

Empresa vinculada (nome/identificación)

Domicilio social

Nº de rexistro ou do IVE(*)

Nome e cargo dos principais directivos (**)

A.

B.

C.

D.

E.

(*) Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

(**) Presidente, director xeral ou equivalente.

Nota importante: as empresas asociadas a unha empresa vinculada deste tipo que non estean xa incluídas por consolidación trataranse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha «ficha de asociación».

No caso 2: encher unha «ficha de vinculación» por cada empresa vinculada (incluídas as vinculacións a través doutras empresas vinculadas) e procédase mediante simple suma das contas de todas as empresas vinculadas cumprimentando o cadro B(2) seguinte.

1 Segundo o parágrafo do apartado 2 do artigo 6 da definición.

Cadro B(2)

Empresa nº

Efectivos (UTA)

Volume de negocios(**)

Balance xeral(**)

1. (*)

2. (*)

3. (*)

4. (*)

5. (*)

Total

(*) Engádase unha «Ficha de vinculación» por empresa.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 3 (relativa ás empresas vinculadas) do cadro do anexo da declaración.

Ficha de vinculación

(Soamente para cada empresa vinculada non incluída por consolidación)

1. Identificación precisa da empresa.

Nome ou razón social: ……………………………………………………………………………................

Domicilio social: ……………………………………………………………………….………......................

Nº de rexistro ou do IVE1: ………………………………………..................……………………………….

Nome e cargo do/dos principal/is directivos2: …………………………………………………..

2. Datos relativos a esta empresa.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocios(*)

Balance xeral(*)

Datos brutos

(*) En miles de euros

Estes datos deberán trasladarse ao cadro B(2) do anexo B.

Nota importante: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos, se é o caso consolidados, a estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas nas contas consolidadas3.

As empresas asociadas deste tipo deberán tratarse como socios directos da empresa solicitante, por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha «ficha de asociación».

1 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

2 Presidente, director xeral ou equivalente.

3 Se os datos relativos a unha empresa recóllense nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior ao determinado no punto 2 do artigo 6, é conveniente con todo aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo parágrafo do punto 3 do artigo 6 da definición).

missing image file
missing image file