Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9092

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se publica o resultado da oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Mediante a Resolución do 1 de xuño de 2017 convocouse a oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG nº 110, do 12 de xuño).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 € que se imputou ás contas orzamentarias 13 A1 712A 770.0 e 13 A1 712A 781.0.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia o resultado da oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, convocada pola Resolución do 1 de xuño de 2017.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Premio

Beneficiaria

Finalidade da subvención

Importe

Asociación Amicos

Centro de día da asociación Amicos

25.000 €

Fabián Marcelo Calandria López

Vivenda comunitaria para maiores

15.000 €

Federación Galega de Alzheimer

Programa Rede paraugas alzhéimer

12.000 €

Lary A Cabaniña, S.L.

Establecemento de turismo rural

8.000 €

Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón

Museo etnográfico

5.000 €

Mozos/as

Banda de música xuvenil de Xinzo

A música, factor de desenvolvemento socio-económico na comarca do Condado

15.000 €