Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9195

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN852A).

BDNS (Identif.): 385300.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes segundo as definicións contidas no artigo 2.

As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por tres empresas non vinculadas entre si e, como máximo, por seis empresas, debendo ser o tamaño da agrupación o necesario para garantir unha xestión eficaz deste. Na agrupación poderá participar só unha gran empresa coa participación máxima sinalada no artigo 4.2 desta resolución. No caso de que na agrupación non participe ningunha pequena empresa, será necesario que, como mínimo, unha destas sexa subcontratada por calquera das empresas da agrupación para desenvolver tarefas/actividades de I+D+i dentro do proxecto.

Segundo. Finalidade

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia.

Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN852A), axustándose as axudas concedidas no marco desta resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Terceiro Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

O importe total da convocatoria é de 27.000.000 euros, coa seguinte distribución anual:

2018 (€)

2019 (€)

2020 (€)

Total (€)

710.000,00

17.500.000,00

8.790.000,00

27.000.000,00

As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1 «Potenciar a investigación o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora», actuación CPSO 1.2.1.7 «Proxectos de innovación aberta para subministrar incentivos á cooperación entre as empresas».

A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario da agrupación e será conforme aos límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

60 %

50 %

40 %

Innovación en materia de procesos e organización

50 %

50 %

15 %

Para o caso de que se subvencione un terceiro proxecto a unha mesma entidade, a intensidade bruta de subvención para esa entidade será reducida nun 15 %. Para o caso de que se subvencione un cuarto proxecto a unha mesma entidade, a intensidade bruta de subvención para esa entidade será reducida nun 25 %. A partir do quinto proxecto subvencionado para unha mesma entidade, a redución da súa intensidade bruta de subvención será do 40 %.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O líder da agrupación presentará a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación