Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01516-S-2017 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-01516-S-2017 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción proposta

PO-01516-S-2017

PO0726AB

Óscar Salgueiro Iglesias

53187418X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
16.3.2017; 18.00; Gandarón con Alcalde Lavadores

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

    801 euros

PO-03361-O-2017

7662-HMN

Logística del Morrazo, S.L.

B84587153

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

3.8.2017; 19.32; A-52; 281,4

Art. 140.23 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

4.000 euros

PO-03796-O-2017

9838-DSL

Maribel E. Piedra Torres

77973649S

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
20.9.2017; 12.09; AP-9; 137,5

Art. 142.8 da LOTT

Art. 143.1.b) da LOTT

    201 euros