A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante a Resolución do 6 de outubro de 2017, autorizou a transmisión do contrato de xestión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2896; XG-323 Pontellón-Cabo de Cruz, con anexos, de titularidade de Autocares Muñiz, S.L., a favor de Autos Ramón Outeiral, S.L. por cesión do seu anterior titular Autocares Muñiz, S.L.
Procede a súa publicación unha vez que se cumpriron os requisitos aos cales se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e obrigas do contrato.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade